Noja
Noja é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, situado na comarca de Trasmiera. Limita polo norte co Mar Cantábrico, polo oeste e o sur con Arnuero, polo sur con Argoños e polo leste con Santoña. O municipio de Noja non se organiza en localidades, senón que consta só de varios barrios, sendo sede do consistorio o barrio de Palacio.
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
| Capital | Noja | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.661 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 9,2 km² | ||||
| Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
| Altitude | 10 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 39180 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 39047 | ||||
| Sitio web | ayuntamientodenoja.com | ||||
Historia
editarNoja pertenceu desde o século IX até 1834 á Junta de Siete Villas, unha das cinco xuntas que compoñían o Meiriñado de Trasmiera. Un feito destacable da historia local é que en 1644 Noja recibiu de Filipe IV o título de vila, o que lle permitiu ser independente desta xunta e capacitada para nomear os seus propios alcaldes.
Desde finais do século XIX Noja é famosa como destino turístico e actualmente, o turismo é a principal actividade económica, que multiplica a poboación municipal até chegar aos 100.000 habitantes no verán grazas aos visitantes chegados principalmente do País Vasco, A Rioxa, Madrid e Castela e León. A explicación á chegada de tantos turistas débese ás praias do municipio e á masiva construción de novas vivendas, que fóra de tempada fican deshabitadas.


Barrios
editarNoja constitúese nunha soa localidade homónima, que á súa vez se divide en diversos barrios, que son:
|
|
Patrimonio
editarTen catro bens de interese cultural, todos con categoría de monumento:
- Torre dos Velasco.
- Casa para Obdulia Bonifaz (Palacio do Marqués de Albaicín).
- Casa palacio de Zilla.
- Muíño de Victoria, na marisma de Victoria, que serviu para xerar enerxía coas augas das marismas.
Ademais, son bens inventariados:
- Casona de Assas.
- Chalé para Manuel Morales.
- Casa-palacio de Venero, onde viviu Francisco de Venero Cabanzo, construída no século XVII.
- Ermida de San Xoán.
- Ermida de San Nicolás.
- Ermida de San Pedro.
Tamén cabe destacar:
Recursos naturais
editarAs Marismas de Santoña, Victoria e Joyel, situada cada unha nun extremo do municipio, son un grande atractivo como reserva natural e para as aves, que tamén recalan nas marismas de Santoña nas súas migracións.
Economía
editarUn 3,3 % da poboación do municipio emprégase no sector primario, un 33 % na construción, un 11,5 % na industria e un 52,2 % no sector terciario. No municipio a taxa de actividade é do 51,7 % e a taxa de paro é do 17 %, cando a media en Cantabria é de 52,5 % e 14,2 % respectivamente.
Demografía
editarAdministración
editarAs seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003 e 2007.
|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Véxase tamén
editar| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Noja |