Nacida onte

filme

Nacida onte (en inglés: Born Yesterday) é unha comedia romántica estadounidense de 1950, dirixida por George Cukor. Está protagonizado por Judy Holliday, William Holden, Broderick Crawford e Howard St. John nos papeis principais. O guión baséase nunha obra teatral de Garson Kanin.

Nacida onte
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Título
Born Yesterday (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
25 de decembro de 1950 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Óscar á mellor actriz (29 de marzo de 1951) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Óscar á mellor actriz (12 de febreiro de 1951)
Óscar ao mellor deseño de vestiario, branco e negro (12 de febreiro de 1951)
Óscar ó mellor guión adaptado (12 de febreiro de 1951)
Óscar ó mellor director (12 de febreiro de 1951)
Óscar ó mellor filme (12 de febreiro de 1951) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
 103 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF305885583 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-137B-0000-C-0000-0000-1 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06jq_7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
97% Rotten Tomatoes (31 de outubro de 2024)
8.2/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0042276 Filmaffinity: 541587 Allocine: 4360 Rottentomatoes: m/1002930-born_yesterday Allmovie: v6739 TCM: 69435 TV.com: movies/born-yesterday Netlix: 325620 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

En 2012 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionada para a súa preservación no National Film Registry.

Foi emitido na TVG o 31 de agosto de 1996.[1]

Argumento

editar

Harry Brock (Broderick Crawford), un rudo millonario, viaxa a Washington, D.C. xunto coa súa amante Emma Billie Dawn (Judy Holliday) e o seu corrupto avogado Jim Devery (Howard St. John). O obxecto da viaxe é influír sobre un par de políticos. O avogado tamén está interesado en que o seu empregador e a súa parella casen para desta maneira impedir que ela poida testemuñar en contra do seu home.

Harry non está conforme coas maneiras e a falta educación de Billie, a pesar de que el mesmo o fai peor, e decide contratar o xornalista Paul Verrall (William Holden) para que se encargue de educala. Billie aprende rapidamente as novas ensinanzas e comeza a mostrar a súa intelixencia. O xornalista fascínase con ela e ambos comezan a namorarse.

Sen decatarse do que está a pasar, o avogado convence a Harry para traspasar os seus fondos a Billie, co fin de eludir unha fiscalización gobernamental. Chegado o momento, Harry require os seus cartos de volta, mais ten que enfrontarse a unha independizada Billie e ambos entran en conflito.

Elenco

editar
  • Judy Holliday como Emma Dawn ('Billie')
  • Broderick Crawford como Harry Brock
  • William Holden como Paul Verrall
  • Howard St. John como Jim Devery
  • Frank Otto como Eddie
  • Larry Oliver como o congresista Norval Hedges
  • Barbara Brown como Sra. Hedges
  • Grandon Rhodes como Sanborn
  • Claire Carleton como Helen

Premios

editar

O filme foi candidato a cinco premios Oscar na 23.ª edición dos premios, e Judy Holliday gañou na categoría de mellor actriz. As outras candidaturas foron as de mellor filme, director, guión adaptado e vestiario en branco e negro.

Holliday tamén gañou o Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical e foi candidata como actriz dramática. O filme foi candidato ao mellor filme e director. Ademais, o filme participou no Festival Internacional de Cine de Venecia.

Remake

editar

A obra de Garson Kanin tamén serviu de base para o filme de 1993 Born Yesterday, dirixido por Luis Mandoki e protagonizado por Melanie Griffith, Don Johnson e John Goodman.

  1. La Voz de Galicia, 31 de agosto de 1996. Páx. 71