Mockingjay é unha novela de ciencia ficción escrita pola estadounidense Suzanne Collins que foi publicada no 2010. É a parte final da triloxía The Hunger Games, sendo as outras dúas The Hunger Games (2008) e Catching Fire (2009). O libro continúa a historia de Katniss Everdeen, que acepta liderar ós distritos de Panem na rebelión contra o tiránico Capitolio. As edicións en tapas duras e en audiolibro foron publicadas por Scholastic o 24 de agosto de 2010. O libro vendeu 450.000 copias logo da primeira semana á venda, superando as expectacións dos publicadores. En xeral recibiu valoracións positivas dos críticos, mentres que a recepción do público e dos fans da saga foi menos entusiasta que cos outros dous libros da triloxía, cun mal recibimento da parte final da historia.

Mockingjay
 Instancia de
 Título
Mockingjay (en) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Características
 Forma artística
 Ambientado en
 Personaxes
 Edicións
 Obra derivada
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Editorial
Datas
 Data de publicación
24 de agosto de 2010 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
Catching Fire (2009 - ) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
Nº de páxinas416 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
OCLC501809875 Editar o valor en Wikidata
Goodreads8812783 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL14908941W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0b6g0vh Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O nome mockingjay refírese ao nome dunha ave ficticia das novelas de Collins, que non foron traducidas a galego. O nome mockingjay é unha mestura dos nomes ingleses das aves: mockingbird (aves norteamericanas do xénero Mimus[1]) e jay (en galego: gaio: Garrulus glandarius), polo que en galego daría algo como mimogaio. Na versión portuguesa chámanlle simplemente tordo, en castelán fíxose tamén a mestura dos nomes das aves dando coma resultado sinsajo.

Para levar ao cinema o libro, Francis Lawrence, o director, dividiu a obra en dúas partes, a primeira The Hunger Games: Mockingjay – Part 1 estreouse en novembro de 2014, a segunda: The Hunger Games: Mockingjay – Part 2, en novembro de 2015.

  1. Os Mimus son un xénero da familia Mimidae, que só se distribúen no Novo Mundo e, polo tanto, non se atopan en Galicia, polo cal non teñen unha denominación patrimonial de seu. Esta familia pertence á superfamilia Muscicapoidea, que en Galicia si ten representantes de catro familias e que poderían contribuír a darlle unha denominación ó mockinjay:

Véxase tamén

editar