Midleton RFC
O Midleton Rugby Football Club é un equipo de rugby irlandés da localidade de Midleton, Condado de Cork (Munster). Actualmente xoga na segunda división da All-Ireland League, a terceira categoría da liga de clubs de Irlanda.
| Nome | Midleton Rugby Football Club | |
|---|---|---|
| Alcume(s) | Tana | |
| Fundación | 1927 | |
| Sede | Midleton, Irlanda | |
| Estadio(s) | Towns Park, Midleton | |
| Capacidade | ~400 espectadores | |
| Presidente | Paul McCarthy | |
| Adestrador | James Colbert | |
| Liga(s) | AIB League Division 2 | |
| ||
| Na rede | ||
| web oficial | ||
Historia
editarO club foi fundado orixinalmente na tempada 1927-28, mais desapareceu en 1934. O Midleton RFC foi refundado o 4 de marzo de 1967. Midleton foi ascendendo dende as competicións rexionais, buscando chegar á liga nacional, a All Ireland League, cousa que conseguiu en 1998 logo de gañar o Campionato de Munster. No 2001 ascendeu dende a Division 3 á Division 2. Na tempada 2006-07 o club viuse relegado novamente á Division 3. Entre os xogadores máis destacados que saíron do club están Tom Mulcahy, Gary Johnson, Ian Harty, Adrian Harty, Tom Lynch e Trevor Cox. Actualmente ten xogadores importantes como Keith Cocking, James Colbert, Michael 'shmig' Daly e John Goold.
Palmarés
editar- Munster Junior Cup (2) 1997-98
- Cork Charity Cup (3) 1999, 2003, 2006
- Munster Junior Clubs' Challenge Cup (1) 1997
- Munster Junior League Division 1 (2) 1997-98
- Munster Junior League Division 2 (1) 1994