Merja Halmetoja

xogadora de hóckey sobre xeo finlandesa

Merja Halmetoja, nada en Nivala o 5 de marzo de 1987 é unha ex xogadora de hóckey sobre xeo finlandesa que xogaba na posición de defensa ou centro. Se ben durante a tempada 2015-16 xogou coa camisola do HPK de Hämeenlinna, Halmetoja desenvolveu case toda a súa carreira no Ilves de Tampere, equipo no que exerce como adestradora asistente dende a tempada 2022-23.[1]

Modelo:BiografíaMerja Halmetoja

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1987 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Nivala Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaFinlandia Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2015 Tampereen Ilves
2015–2016 Hämeenlinnan Pallokerho
2017–2020 Tampereen Ilves

Ao longo da súa carreira xogou 308 partidos de liga regular na máxima competición do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Liiga, nos que marcou 30 goles e deu 85 asistencias para un total de 115 puntos. Nos play-offs disputou un total de 87 partidos cun rexistro de 7 goles e 12 asistencias para 19 puntos.[1]

Halmetoja integrou o equipo de Ilves que se proclamou campión finlandés na tempada 2009-10, e gañou cinco medallas de prata co equipo de Tampere nos anos 2008, 2009, 2011, 2018 e 2019, así como outra prata máis con HPK en 2016.[1]

  1. 1 2 3 "Merja Halmetoja" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 2 de xaneiro de 2023.