Massimo Dutti

empresa do grupo Inditex

Massimo Dutti é unha empresa do grupo Inditex. Creouse no ano 1985 en Terrassa, dedicada á fabricación de roupa para homes. En 1991 Inditex obtivo o 65 % das accións da empresa, para comprala totalmente no ano 1995. A partir de entón a empresa diversificou a súa oferta e ofrece roupa para muller, neno, nena e perfumaría. Conta actualmente con máis de 525 tendas localizadas en máis de 30 países.

 Massimo Dutti
Logotipo
Imaxe
Características
 Forma xurídica
 Industria
 Produto ou servizo
Implicados
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
1985 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Cadro de persoal10000 (2024) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Códigos e identificadores
VIAF122546336 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0284p1n Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: MassimoDuttiOfficial Twitter: massimodutti Instagram: massimodutti Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Ten o seu centro loxístico en Tordera (Barcelona, España) e o social en Arteixo.

Historia

editar
Massimo Dutti en Bruxelas.

En 1974 Armando Lasauca (o nome do fundador da empresa) con 19 anos chegou de Madrid e comezou a traballar en Barcelona de vendedor de camisas. Un posto que lle ofreceu un amigo do seu pai[1]. Traballo que non coñecía nin tiña experiencia nunha cidade nova para el. Déuselle ben e en pouco tempo tiña o seu propio negocio, fabricando e vendendo camisas a grosistas e comerciantes. Os comezos foron duros pero chegou a vender a El Corte Inglés. En 1985, xa con certo éxito no negocio, considerouse a posibilidade de crear unha marca propia, con tendas propias. Buscou un nome pegadizo, algo grande e como lle dicía aos seus: tiña que ser o másimo. Na familia a Armando o coñecían de pequeno como Armanduti. O nome da empresa de deseñador italiano: Massimo Dutti. En poucos anos estaba facturando 4.500 millóns de pesetas. O aumento da facturación fixo necesario atopar máis socios. O grupo italiano Cofir chegou a ter o 49% da empresa e en pouco tempo o 70%. En 1991 Cofir vende a súa participación en Massimo Dutti a Inditex por unha cantidade estimada en 4.000 millóns de pesetas. O resto da empresa foi mercada en 1995 por Inditex por unha cantidade estimada en 2.000 millóns de pesetas. Ese mesmo ano o fundador da empresa deixou a dirección en mans de Inditex e fundou unha nova empresa: Polo Sur que tentou competir con Massimo Dutti sen éxito[2][3].

  1. "El fundador de Massimo Dutti dimite y venderá su participación a la cadena Zara", artigo en La Vanguardia, 15 de novembro de 1991 páx. 63 (en PDF) (en castelán).
  2. Massimo Dutti 25 Años, artigo no blog Revisión Interior, 16 de decembro de 2010 (en castelán).
  3. "Armando Lasauca dimite como presidente de Massimo Dutti", artigo de Walter Oppenheimer en El País, 15 de novembro de 1991 (en castelán).

Véxase tamén

editar