"Maria: or, The Wrongs of Woman" (en) María o Los agravios de la mujer (es) Maria: La malbonaĵoj de virino (eo) Das Unrecht an den Frauen oder Maria (de) Maria, ou le malheur d'être femme (fr)
A novela, tanto filosófica coma gótica, narra a historia dunha muller internada polo seu marido nun hospital psiquiátrico. Céntrase nos «agravios sufridos pola muller» a nivel social máis ca individual, e critica o que Wollstonecraft consideraba como a institución patriarcal do matrimonio na Gran Bretaña do século XVIII e ao sistema legal que a protexía. Con todo, a incapacidade da protagonista para renunciar ás súas fantasías románticas tamén acusa as mulleres de ser propensas a sumirse nun sentimentalismo falso e daniño. A novela foi pioneira na celebración da sexualidade feminina e na identificación entre mulleres de distintas clases. Devanditas temáticas, xunto coa publicación do escandaloso libro de Godwin titulado Memoirs of the Author of A Vindication of the Rights of Woman (Memorias da autora de Vindicación dos dereitos da muller), que tratou sobre a vida de Wollstonecraft, provocaron que a novela non fose popular na época da súa publicación.
As críticas feministas do século XX analizaron a obra e integrárona na historia da novela e do discurso feminista. A meirande parte das veces catalógalla como unha popularización en formato de ficción de Vindicación dos dereitos da muller, como unha extensión dos argumentos feministas de Wollstonecraft en Vindicación e como unha autobiografía.[3]