Manuel Neira Pol
avogado e político galego
Manuel Eugenio de Neira Pol, nado en Vilafranca do Bierzo en 1925 e finado en Lugo o 20 de febreiro de 2014, foi un avogado e político galego.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1925 Vilafranca do Bierzo |
| Morte | 20 de febreiro de 2014 Lugo |
| 1958 – 1964 ← Jesús Rodríguez Pérez – Eduardo Rosón Pérez → | |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, político |
| Familia | |
| Fillos | Nieves Neira |
Traxectoria
editarFillo de Eugenio Neira Bello, criouse en Pacios. Licenciado en Dereito en 1949, exerceu como avogado en Becerreá. Foi nomeado alcalde de Becerreá en 1958, tomando posesión o 6 de febreiro.[1] Cesou no cargo en 1964. Nas eleccións xerais de 1977 presentouse como candidato ao Senado polo Partido Socialista Popular. Na transición defendeu a sindicalistas e militantes de esquerdas. Colaborou en El Progreso.
Primo de Uxío Novoneyra, escribiu un artigo sobre el no Anuario Brigantino,[2] e foi vicepresidente da Fundación Uxío Novoneyra.
Recoñecementos
editar- Medalla de ouro da Avogacía, 2003.
Vida persoal
editarCasou con María Aurora Roca Pardo e foi pai de Nieves Neira Roca.
Notas
editar- ↑ El Progreso, 11-2-1958, p. 2.
- ↑ Apuntes para unha biografía de Uxío Novoneyra
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alonso Montero, Xesús, "Manuel Neira Pol, in memoriam". La Voz de Galicia, Letras Galego 14-3-2014, p, 21.
| Predecesor: Jesús Rodríguez Pérez |
Alcalde de Becerreá 1958 - 1964 |
Sucesor: Eduardo Rosón Pérez |