Manises é un municipio da Comunidade Valenciana. Situado na provincia de Valencia, na comarca da Horta Oest. Ten 30.478 habitantes (INE 2008) e é famoso pola súa cerámica e por albergar no seu termo municipal ao aeroporto de Valencia.

Modelo:Xeografía políticaManises
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°29′31″N 0°27′31″O / 39.492, -0.45872
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarca da Comunidade ValencianaHorta Sud Editar o valor en Wikidata
CapitalManises Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación32.609 (2025) Editar o valor en Wikidata (1.663,72 hab./km²)
Lingua oficiallingua valenciana (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie19,6 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude52 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcaldesa Editar o valor en WikidataAlicia Fernández (pt) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46940 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE46159 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46159 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmanises.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: Ajuntament.de.Manises Twitter: AytoManises BNE: XX453160 Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Situado no extremo occidental da Horta de Valencia, na marxe dereita do río Turia. O termo municipal de Manises limita coas localidades de Quart de Poblet, Paterna e Riba-roja de Túria, todas elas na provincia de Valencia.

Dende Valencia, accédese a esta localidade por estrada a través da A-3 e a V-11. Por transporte público é tamén accesible a través das liñas 3 e 5 de Metro Valencia e da liña 150 do autobús Manises/Aeroporto.

Barrios

editar
  • El Carme
  • Socusa
  • Obradors
  • Sant Jeroni (Barriada compartida co municipio veciño de Quart de Poblet)
  • Sant Feliu
  • Alameda Park
  • Sant Francesc

Historia

editar

Non hai datos seguros dunha ocupación humana deste termo anterior á romanización. Desta época son testemuñas, ademais dunha moeda achada no campo de golf e de fragmentos de vasos de terra sigillata aparecidos no Racó, os restos dunha posible vila rústica que hai na partida do Collado, onde se vía o fuste dunha columna de pedra calcaria dun metro de diámetro.

A orixe da poboación é musulmá, aínda que se atoparon pegadas da época romana. Os musulmáns crearon un centro cerámico moi importante que, trala súa conquista, foi doado por 1237 polo rei Jaume II a Artal de Lluna, cuxa familia continuou na posesión até finais do século XIII, en que pasou a poder de Pere Boil, mordomo e tesoureiro de Jaume II. Os musulmáns seguiron vivindo en Manises, traballando o barro cocido, cuxa técnica ensinaron aos cristiáns, os cales á súa vez a perfeccionaron.

Demografía

editar

Conta cunha poboación de 29.778 habitantes en 2007. Un 6,21% dos seus habitantes era, segundo o mesmo padrón, da inmigración.

Evolución demográfica de Manises
1900191019201930194019501960197019811991200120062007
Poboación3.5774.0765.0106.6677.7119.17313.09719.94523.97524.45325.89729.71729.778

É un clima tipicamente mediterráneo pero non con trazos moi definidos, atopámonos uns veráns menos calorosos que no interior e uns invernos considerablemente bastante máis fríos que na costa, con xeadas nocturnas nos meses de inverno. A temperatura media do inverno descende aos 4,7 graos (aínda que pode chegar aos -5 °C ou -10 °C nos días máis fríos) mentres que ao verán ascende aos 24,8 graos (con picos de 35 °C).

Véxase tamén

editar