Luise Rainer
Luise Rainer, nada en Düsseldorf o 12 de xaneiro de 1910 e finada en Londres o 30 de decembro de 2014,[1] foi unha actriz de cinema alemá, nacionalizada estadounidense.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de xaneiro de 1910 Düsseldorf |
| Morte | 30 de decembro de 2014 Londres |
| Causa da morte | pneumonía |
| Residencia | Düsseldorf (1927–) Düsseldorf (1910–) Viena (década de 1910–) Hamburgo Londres |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz de televisión, actriz de teatro, actriz de cinema, actriz |
| Período de actividade | 1928 |
| Profesores | Max Reinhardt e Constance Collier |
| Familia | |
| Cónxuxe | Robert Knittel (1945–1989), morte do cónxuxe Clifford Odets (1937–1940), divorcio |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Dictionary of Women Worldwide |
Traxectoria
editarNada nunha familia xudía de clase alta, viviu en Hamburgo e Viena. Aos dezaseis anos comezou a actuar en teatro, estudando interpretación con Max Reinhardt pouco tempo despois.
Apareceu en varios filmes austríacos antes de ser descuberta polos buscadores de talentos da Metro-Goldwyn-Mayer en 1934. Tras mellorar o seu inglés debutou en Hollywood con Escapade, remake dun dos seus filmes que fora rexeitado por Myrna Loy.[2]
A súa seguinte película foi The Great Ziegfeld. A pesar de ter nela un papel pequeno, a súa interpretación impresionou tanto que a levou a gañar o oscar á mellor actriz protagonista. Tras este filme interveu en The Good Earth, co que tamén gañou o oscar.
Os seus seguintes filmes tiveron pouco éxito e en 1938 abandonou Hollywood. Viaxou por Europa, onde estivo axudando a nenos vítimas da Guerra Civil Española.[3]
Á volta, aínda foi chamada para algúns filmes, pero finalmente deixou a interpretación e instalouse en Londres, onde faleceu, vítima dunha pneumonía no 2014.
Filmografía
editar| Ano | Filme |
|---|---|
| 1932 | Sehnsucht 202 |
| 1932 | Madame hat Besuch |
| 1933 | Heut' kommt's drauf an |
| 1935 | Escapade |
| 1936 | The Great Ziegfeld |
| 1937 | The Good Earth |
| 1937 | The Emperor's Candlesticks |
| 1937 | Big City |
| 1938 | The Toy Wife |
| 1938 | The Great Waltz |
| 1938 | Dramatic School |
| 1943 | Hostages |
| 1997 | The Gambler |
Notas
editar- ↑ Luise Rainer, Hollywood golden era Oscar winner, dies aged 104
- ↑ "How Hollywood 'Discovered' Its Latest Foreign Star" by Dan Thomas, Laredo Morning Times, 17 November 1935 p. 13
- ↑ Ciaccia, Maria. "A victim of the 'Oscar curse'". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2013. Consultado o 5 de outubro de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Luise Rainer na IMDb (en inglés).