Lorient
Lorient (en bretón: An Oriant) é unha cidade portuaria de Francia, situada na rexión da Bretaña. Esténdese por unha área de 17,48 km², con 59.271 habitantes, segundo os censos de 1999, cunha densidade 3.391 hab/km².
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Bretaña | ||||
| Departamento | Morbihan | ||||
| Distrito | distrito de Lorient | ||||
| Capital de | distrito de Lorient canton of Lorient-Centre (en) canton of Lorient-Nord (en) canton of Lorient-Sud (en) canton of Lorient-2 (en) canton of Lorient-1 (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 58.329 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | área de concentración metropolitana de Lorient Q3551051 | ||||
| Superficie | 17,48 km² | ||||
| Bañado por | río Scorff e río Ter | ||||
| Altitude | 0 m-46 m-17 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Creación | xuño de 1666 | ||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Fabrice Loher (2020–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 56100 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | lorient.bzh | ||||
Durante a segunda guerra mundial foi unha importante base de U-Boot alemáns. Foi practicamente destruída durante o conflito e foi reconstruída con criterios de urbanismo moderno: Espazos amplos, vías anchas e zonas verdes, aínda que tamén respectando os modelos tradicionais bretóns de arquitectura.
Famosa polo Festival Intercéltico de Lorient, que acolle artistas das nacións celtas modernas. Ten lugar nos primeiros días de agosto e cada ano se dedica a homenaxear unha nación celta determinada.
Demografía
editar| Ano | 1906 | 1911 | 1921 | 1926 | 1931 | 1936 | 1946 | 1954 | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 | 2007 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Poboación | 46403 | 49039 | 46314 | 41592 | 42853 | 45817 | 11838 | 47095 | 60566 | 66444 | 69769 | 62554 | 59271 | 59189 | 58135 |
