Lingua ucraína
A lingua ucraína[1] (украї́нська мо́ва, transliteración: ukrayins'ka mova [ukrɑ'jinʲsʲkɑ ˈmɔʋɑ]) é unha lingua eslava oriental, unha das tres deste grupo de linguas, xunto ao ruso e o belaruso. Garda certas similitudes con ámbalas dúas linguas, pero con notables diferenzas.
| Lingua ucraína | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| українська мова | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||
Características
editarO idioma ucraíno é falado por case cincuenta millóns de persoas en todo o mundo, incluíndo 37,5 millóns en Ucraína (77,8% da poboación ucraína total). Mais só na Ucraína occidental é a lingua que prevalece sobre o ruso. En Kíiv fálanse ambas linguas, un cambio notable dende o pasado recente, cando a cidade era principalmente rusoparlante. O cambio foi causado en gran medida pola influencia da poboación rural e as migracións dende as rexións occidentais de Ucraína. No norte e centro de Ucraína, o ruso é a lingua da poboación urbana, mentres que o ucraíno é moito máis común nas zonas rurais. No sur e leste de Ucraína, o ruso prevalece incluso nas áreas rurais, e en Crimea, onde nunca se falou, o ucraíno está case ausente. En 2019 entrou en vigor unha lei para facer do ucraíno a única lingua estatal de Ucraína.
Alfabeto
editar| A a | Б б | В в | Г г | Ґ ґ | Д д | Е е | Є є | Ж ж | З з | И и | |
| A a | B b | V v | J j | G g | D d | E e | Ye | Zh | Z z | Ɨ ɨ | |
| I i | Ї ї | Й й | К к | Л л | М м | Н н | О о | П п | P p | С с | |
| I i | Yi | I i | K k | L l | M m | N n | O o | P p | R r | S s | |
| Т т | У у | Ф ф | Х х | Ц ц | Ч ч | Ш ш | Щ щ | Ю ю | Я я | Ь ь | ' |
| T t | U u | F f | J j | Ts | Ch | Sh | Shch | Yu | Ya |
|
O "Ь ь" non ten son. A súa función é a de palatizar outras letras, como por exemplo, o Л л (L) e o Н н (N). É dicir, нь lese ñ (como en España) e ль lese ll (como en consello). Tamén pode cambiar un pouco o son doutras consoantes.
O Г г en ucraíno ten un son aspirado similar ao do g galego nas zonas dialectais que presentan gheada (fricativa glotal sonora, [ɦ]); tanto no medio de dúas vogais como ao inicio de palabra. O son do g galego nas zonas sen gheada (oclusiva velar sonora, [g]), represéntase coa letra Ґ ґ, pero raramente usan esa letra, usando simplemente a Г г, aínda que teña valor fonético diferente.
O Й й ten o son dun i, pero curto, como en "xeito" ou "Mario"
O ' simboliza unha pausa curta.
Ao longo da historia existiron varias propostas para un alfabeto latino ucraíno.
Grupos de variantes
editar
- Grupo setentrional
- Polesio
- Polesio occidental
- Polesio central
- Polesio oriental
- Polesio
- Grupo sur-oriental
- Dniéper (poltavo)
- Slobozhano
- Estepa
- Grupo sur-occidental
- Volinio
- Nadsiano
- Galitziano (ou do Dniéster superior)
- Lemko
- Boiko
- Transcarpático
- Doliniano
- Hutsúl
- Bucovino (pocutio ou pocutio-bucovino)
- Podolio
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ucraíno.
Véxase tamén
editar| Existe unha versión da Wikipedia en Lingua ucraína |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Dicionario galego ucraíno Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Secretaría Xeral Técnica, 2022.
- Leccións de vocabulario ucraíno en Internet Polyglot Arquivado 22 de marzo de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
