Lingua minangkabau

Lingua austronesia, falada polo pobo minangkabau de Sumatra Occidental

A lingua minangkabau (autónimo: Baso Minang(kabau); indonesio: Bahasa Minangkabau) é unha lingua austronesia falada polo pobo Minangkabau de Sumatra Occidental, a parte occidental de Riau, Jambi e Bengkulu. Tamén é falada en varias cidades de Indonesia por migrantes minangkabau.[1] Tamén é unha lingua franca ó longo da rexión costeira occidental da provincia de Sumatra Setentrional, e mesmo é empregada en partes de Aceh, onde é chamada Aneuk Jamee. Por outra banda, é falada nalgunhas partes de Malaisia, especialmente en Negeri Sembilan.

Lingua minangkabau
bahaso Minangkabau Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    bahaso Minangkabau (min) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Subclase de
Características
 Alfabeto
 Tipoloxía lingüística
Clasificación lingüística
Cifras e dimensións
 Número de falantes
   5.530.000 (2007) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/02026q Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2min Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3min Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5min Editar o valor en Wikidata
IETFmin Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Debido ás grandes semellanzas entre a lingua minangkabau e o malaio, existe controversia sobre da relación entre ambas. Algúns consideran o minangkabau como un dialecto do malaio, mentres que outros consíderana como unha lingua de seu.

Malaisia

editar

Ademais de Indonesia, o minangkabau é falado tamén en Malaisia por algúns descendentes de inmigrantes das rexións que falan esta lingua en Sumatra (Ranah Minang, Tanah Minang, o a Terra do Minang). Un significativo número dos primeiros inmigrantes establecéronse no que hoxe é o estado malaio de Negeri Sembilan; este dialecto de Negeri Sembilan é coñecido como Bahaso Nogori ou Baso Nogoghi. Os inmigrantes máis recentes son coñecidos como minang.

Dialectos

editar

A lingua minangkabau ten varios dialectos, que algunhas veces difiren entre localidades achegadas (por exemplo, separadas por un río). Os dialectos son: Rao Mapat Tunggul, Muaro Sungai Lolo, Payakumbuh, Pangkalan-Lubuk Alai, Agam-Tanah Datar, Pancungsoal, Kotobaru, Sungai Bendung Air e Karanganyar.[2] Na comunicación diaria entre os minangkabau de diferentes rexioóns, o dialecto Agam-Tanah Datar (Baso Padang ou Baso Urang Awak, «a lingua do noso pobo») é empregada acotío e converteuse nunha sorte de lingua estándar.

A lingua tapan, falada na vila de Tapan, no sur da provincia de Sumatra Occidental, é unha lingua malaia recentemente descuberta que foi proposta como relacionada co minangkabau. Xuntas, o tapan e o minangkabau poderían formar o gran subgrupo minangkabau.[3]

  1. Kajian Serba Lingustik : Untuk Anton Moeliono Pereksa Bahasa (2000)
  2. Nadra, Reniwati, and Efri Yades, Daerah Asal dan Arah Migrasi Orang Minangkabau di Provinsi Jambi Berdasarkan Kajian Variasi Dialektikal (2008)
  3. "Santi Kurniati, Yessy Prima Putri, Søren Wichmann and David Gil (2011)." Tapan: An Exploration in Malayic Subgrouping". ISMIL 15 conference presentation." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de agosto de 2011. Consultado o 20 de outubro de 2014.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar