Lingua gujarati
O guxarati[1] ou gujarati[2] é un idioma propio do estado de Gujarāt, no oeste da India. É unha lingua indoeuropea, da familia indoaria, falada por uns 46 millóns de persoas en todo o mundo, sendo así a vixésima terceira lingua máis falada do mundo. De todos eles, aproximadamente 45,5 millóns residen na India, 250.000 en Tanzania, 150.000 en Uganda, 100.000 en Paquistán e 50.000 en Kenya.
| Lingua gujarati | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ગુજરાતી | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||
Escríbese gujarati (pronunciado guyarati) en inglés.
É a lingua principal do estado de Gujarāt, así como dos territorios adxacentes de Damán e Diu e Dadra e Nagar Haveli. Hai unha gran cantidade de poboación gujarati diseminada polo mundo, desde África, Oriente Próximo, até o Reino Unido e os Estados Unidos. En Inglaterra, dúas áreas populares con poboación gujarati son Leicester (Terras Medias) e Wembley (norte de Londres). E nos Estados Unidos, atópanse especialmente en estados como Nova Jersey, Nova York, California e Texas.
É unha das 14 linguas oficiais que hai na India. Era a lingua materna de Mahatma Gandhi, «pai da India», e de Muhammad Ali Jinnah, «pai do Paquistán».
Alfabeto
editarConsoantes
editar| ક | ખ | ગ | ઘ | ઙ |
| ka /kə/ | kha /kʰə/ | ga /gə/ | gha /gʱə/ | ṅa /ŋə/ |
| ચ | છ | જ | ઝ | ઞ |
| ca /ʧə/ | cha /ʧʰə/ | ja /ʤə/ | jha /ʤʱə/ | ña /ɲə/ |
| ટ | ઠ | ડ | ઢ | ણ |
| ṭa /ʈə/ | ṭha /ʈʰə/ | ḍa /ɖə/ | ḍha /ɖʱə/ | ṇa /ɳə/ |
| ત | થ | દ | ધ | ન |
| ta /tə/ | tha /tʰə/ | da /də/ | dha /dʱə/ | na /nə/ |
| પ | ફ | બ | ભ | મ |
| pa /pə/ | pha /pʰə/ | ba /bə/ | bha /bʱə/ | ma /mə/ |
| ય | ર | લ | વ | ળ |
| ya /jə/ | ra /rə/ | la /lə/ | va /ʋə/ | ḷa /ɭə/ |
| શ | ષ | સ | હ | |
| śa /ʃə/ | ṣa /ʃə/ | sa /sə/ | ha /ɦə/ |
Vogais
editar| ્ | sen vocal | ક્ | k |
| અ | a /ə/ | ક | ka |
| આ | ā /ɑ̈/ | કા | kā |
| ઍ | â /æ/ | કૅ | kâ |
| ઇ | i /i/ | કિ | ki |
| ઈ | ī /i/ | કી | kī |
| ઉ | u /u/ | કુ | ku |
| ઊ | ū /u/ | કૂ | kū |
| ઋ | ṛ /ɾu/ | કૃ | kṛ |
| એ | e /ɛ/ | કે | ke |
| ઐ | ai /aj/ | કૈ | kai |
| ઓ | o /o/ | કો | ko |
| ઑ | ô /ɔ/ | કૉ | kô |
| ઔ | au /əw/ | કૌ | kau |
Notas
editar- ↑ "guxarati". TERGAL. Consultado o 17/06/2019.
- ↑ "Entrada gujarati en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2017. Consultado o 07 de abril de 2017.
