A lingua fula (tamén chamada peul, fulani, pulaar, fulbe, fulfulde) é unha lingua de África Occidental, especialmente da África subsahariana máis próxima ao Sahel, falada pola etnia fula, que abrangue dende Senegal até o Camerún e o Sudán. É falada por unhas 10-16 millóns de persoas e ten un status de lingua oficial en Mauritania, Senegal, Malí, Guinea, Burkina Faso, Níxer, Nixeria e mais no Camerún. O fula está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[1]

Lingua fula
Fulfulde Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
Fulfulde (ff)  
𞤆𞤵𞤤𞤢𞤪 (ff)   Editar o valor en Wikidata
 Subclase de
Características
 Tipoloxía lingüística
 Estado de lingua da UNESCO
segura
Clasificación lingüística
Cifras e dimensións
 Número de falantes
   24.000.000 (2007) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/05n7jk Editar o valor en Wikidata
ISO 639-1ff Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2ful Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3ful Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5ful Editar o valor en Wikidata
IETFff Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Fonoloxía

editar

O inventario de consoantes do fula é o seguinte:

Labial Alveolar Palatal Velar Glotal
oclusiva p, b t, d k, g ʔ
implosiva ɓ ɗ ʄ
fricativa f s ʝ x
nasal m n ɲ ŋ
aproximante r, l y w

Nalgúns dialectos do fula non existe a serie de implosivas. Polo demais o inventario anterior é moi semellante á da lingua wólof, coa excepción de que nesa outra lingua atlántica non existe nin serie de implosivas nin a oclusiva glotal.

Xeitos de escritura

editar

alfabeto latino

editar

Cando se escribe úsase o alfabeto latino, con algúns caracteres adicionais para representais fonemas ou sons específicos Ɓ/ɓ, Ɗ/ɗ, Ŋ/ŋ, Ñ/ñ, Ƴ/ƴ (ex. implosiva B, implosiva D, velar N [sons coma o grafo "nh" galego en "unha" por exemplo], palatal N, exectiva Y). O apóstrofo (ʼ) úsase coma unha pausa glotal. En Nixeria ʼy substitúe ƴ, e no Senegal ñ úsase no canto de ɲ.

Alfabeto fula

editar

a, aa, b, mb, ɓ, c, d, nd, ɗ, e, ee, f, g, ng, h, i, ii, j, nj, k, l, m, n, ŋ, ny (ou ñ ou ɲ), o, oo, p, r, s, t, u, uu, w, y, ƴ

As letras q, x, z só se empregan nalgúns casos en estranxeirismos. No pular de Guinea atopamos unha letra adicional: ɠ.

Escritura árabe

editar

O fula tamén se escribiu no pasado con caracteres árabes ou Ajami pero foi antes da colonización. Nalgunhas zonas de Guinea aínda os usan.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar