Lingua caxubia

lingua da familia eslava falada polo pobo caxubio

O caxubio[1] é unha lingua da familia eslava falada polo pobo caxubio ó norte da República de Polonia, na costa do Mar Báltico.[2] O caxubio está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]

Lingua caxubia
Kaszëbsczi jãzëk Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    кашубский (ru)   Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
Kaszëbsczi jãzëk (csb)  
Kaszëbskô mòwa (csb)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Estudado por
Características
 Alfabeto
 Tipoloxía lingüística
 Xénero gramatical
Implicados
 Institución de normalización
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo severo
Clasificación lingüística
Cifras e dimensións
 Número de falantes
   108.000 (2011) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Orixinario de
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/04dgs Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2csb Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3csb Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5csb Editar o valor en Wikidata
IETFcsb Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A súa proximidade lingüística co polaco fai que haxa moita xente que a considere coma un dialecto do polaco (lingua lequítica), aínda que en realidade forma parte dun subgrupo eslavónico diferente, dentro do cal se emparenta co polabio e o eslovincio. Estruturalmente, ten unha gran cantidade de arcaísmos e empréstimos xermánicos cando se compara coas linguas eslavas veciñas.

Sociolingüística

editar

Sociolingüisticamente, distribúese polo rural, especialmente nas camadas menos escolarizadas da poboación, polo que os falantes desenvolveron un sentimento de estigma e autoodio propio de moitas linguas minorizadas sen recoñecemento oficial. Dende hai uns anos, o goberno polaco potenciou a súa presenza na televisión e radio estatais e, cumprindo co Convenio Europeo para a Eliminación de tódalas formas de Discriminación (CERD), estableceu o ensino de lingua caxubia en 19 centros para 1 470 alumnos (1999-2000) e mesmo o ensino optativo na Universidade de Gdańsk.

Literatura

editar

O seu sistema literario baséase en xéneros como a poesía ou a regueifa e na exaltación rexionalista, temática a prol da lexitimación que é habitual nas linguas estigmatizadas. As súas asociacións son máis activas e agrúpanse na "Asociación Caxubio-pomerana" (Zrzeszenie Kaszubsko-Pomorskie) dende 1929.

  1. "Entrada caxubio en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2018. Consultado o 31 de maio de 2017.
  2. "Kashubian". Ethnologue (en inglés). Consultado o 2022-06-10.
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.