Lingua afar

lingua cuxita falada en Etiopía, Djubuti e Eritrea

O afar[1][2] (qafar) é unha lingua cuxita falada en Etiopía, Eritrea e Djibuti por 1,4 millóns de persoas (censo de 2007),[3] do pobo afar.

Lingua afar
Afar-af Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
Afar-af (aa)
Qafar af (aa)
Qafar (aa)
Afaraf (aa)
’Afar Af (aa)
عفر-فى (aa) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Alfabeto
 Tipoloxía lingüística
Clasificación lingüística
Cifras e dimensións
 Número de falantes
   1.600.000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/020gkr Editar o valor en Wikidata
ISO 639-1aa Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2aar Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3aar Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5aar Editar o valor en Wikidata
IETFaa Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Distribución xeográfica

editar

Fálase na rexión de Afar, situada no leste de Etiopía, no norte e centro de Djibuti (na capital está en regresión), e en Eritrea na provincia do Sur do Mar Vermello.

Falantes

editar

1 439 000 (2001)

  • Etiopía: 979.367
  • Djibuti: 300.000
  • Eritrea: 160.000

Dialectos

editar
  • Norte
  • Centro
  • Aussa
  • Baadu

Escrita

editar

En 1814 Henry Salt na súa obra Voyage to Abyssinia, elabora a primeira lista de palabras afar. No século XIX e XX publícanse algúns libros de texto e relixiosos, en escritas baseadas no latín, no árabe e no etíope.
En 1976 Hamad Abdallah (Dimis) e Jemal Abdulkadir Redo da Union pour le Développement Culturel de Djibuti crean o alfabeto afar (Qafar Feera), baseado no alfabeto latino
A literatura actual esta composta principalmente por poesía (na súa maior parte de inspiración relixiosa) e contos inspirados na narrativa oral. Entre os autores destacan Cheikh Ay Farah Diné e Kabir Hamza Mahmoud

Uso social

editar

O afar é a lingua empregada polos afar, un pobo tradicionalmente nómade, tan só entre os afar de Assab (Eritrea) e Djibuti hai perda lingüística. Nos tres países hai programas de radio en afar, e en Djibuti realízanse informativos de televisión en afar. Na rexión afar de Etiopía o ensino é en afar ata o 4º grao, en Djibuti emprégase o afar só en preescolar.

  1. Definición de afar no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Definición de cuxita no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. "A lingua afar en Ethnologue". Consultado o 8 de maio de 2019.

Véxase tamén

editar