Leon Cooper

físico estadounidense

Leon Neil Cooper, nado en Nova York o 28 de febreiro de 1930 e finado en Providence, Rhode Island, o 23 de outubro de 2024,[1] foi un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1972.

Modelo:BiografíaLeon Cooper

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Leon N. Kupchik Editar o valor en Wikidata
28 de febreiro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Nova York Editar o valor en Wikidata
Morte23 de outubro de 2024 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Providence Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Columbia - doutor en ciencias físicas e matemáticas (–1954)
Bronx High School of Science Editar o valor en Wikidata
Director de teseRobert Serber Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica teórica, física e supercondutividade Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Brown
Universidade de Illinois en Urbana-Champaign Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enFísica Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoElie Lucien Bienenstock, Alan Bruce Saul, Nathan Intrator, Michael Peter Perrone e Brian S. Blais Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Купер Леон)
Enciclopedia soviética armenia, volume 6, (p.16)
Fiziki, (p.147) Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 05df2b71-045b-4a0d-a256-fd3bf06b3ee0 WikiTree: Kupchik-11 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciouse en física na Universidade de Columbia, sendo posteriormente profesor na Universidade de Illinois, Brown, Providence así como profesor invitado en universidades de Noruega, Italia e Francia.

Investigacións científicas

editar

Interesado na física do estado sólido, en 1957 desenvolveu xunto a John Bardeen e John Robert Schrieffer a Teoría BCS da supercondutividade, pola cal a moi baixa temperatura maniféstase nos electróns unha grande forza de atracción que os fai fluír emparellados de forma que, ao pasar preto dun núcleo atómico, o primeiro electrón cede enerxía que é despois recuperada polo seu compañeiro. Esta teoría tivo a súa orixe en 1911 no descubrimento do neerlandés Heike Kamerlingh Onnes sobre a carencia de resistencia do mercurio nas correntes eléctricas a temperaturas próximas ao cero absoluto.

Compañeiro de investigacións de Alfred P. Sloan entre 1959 e 1966, posteriormente realizou investigacións no Insitituto de Estudos Adiantados de Princeton e no Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN).

En 1972 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con John Bardeen e John Robert Schrieffer, polos seus traballos conxuntos sobre a teoría da supercondutividade, coñecida como Teoría BCS.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar