Kyle XY é unha serie de televisión estadounidense da cadea ABC Family, creada por Eric Bress e Mackye Gruber.

Kyle XY
Logotipo
 Instancia de
 Composto por
 Título
Kyle XY (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Época ambientación
 Obra derivada
Kyle XY (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Lingua orixinal
Implicados
 Creador/a
 Compositor/a
 Guionista
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
26 de xuño de 2006 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
16 de marzo de 2009 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración41 min Editar o valor en Wikidata
Nº de episodios43 Editar o valor en Wikidata
Nº de tempadas4 Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe16:9 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0dwlgw Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0756509 Allocine: 844 Metacritic: tv/kyle-xy TV.com: shows/kyle-xy
Twitter: kyleXY_JP Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Nos Estados Unidos, a serie estreouse o 26 de xuño do 2006, cunha audiencia de 2,64 millóns de telespectadores, e finalizou o 16 de marzo de 2009. Tivo tres tempadas: a primeira con 10 episodios, a segunda con 23 episodios e a terceira con outros 10 capítulos. A serie non foi renovada.

En España, a cadea Cuatro compro os dereitos da serie e o 19 de setembro de 2007 emitiuse o primeiro capítulo. O 24 de outubro, estreouse a primeira parte da segunda tempada e, un ano despois, o 14 de decembro de 2008, a segunda parte da segunda tempada (etiquetada en España como terceira tempada). Os episodios da terceira tempada (coñecida en España como cuarta tempada) foron emitidos do 1 ao 15 de xullo de 2009.

Argumento

editar

Kyle (Matt Dallas) é un rapaz de 16 anos que desperta nun bosque nas aforas de Seattle, espido e envolto nunha viscosa substancia rosa. Actúa coma se acabase de nacer, non pode falar e descoñece o mundo no que acaba de desembarcar. É especial tamé porque por algunha razón descoñecida, non posúe embigo. Ademais, incluso antes de coñecer as cousas, dáse conta do que está ben e do que non, posúe unha capacidade de aprendizaxe e dedución moi superior ao normal e unha grande habilidade física.

Cando a policía o atopa, lévao a un centro de internamento de menores. Nel traballa Nicole Trager (Marguerite MacIntyre), unha psicóloga que nun afán de axudalo, decide levalo á súa casa en espera de que sexa reclamado. Ninguén o fai e decide, ademais de tratalo, apoialo en todo o posible e incluso que se quede a vivir coa súa familia. Pouco a pouco daranse conta de que Kyle non é un ser ordinario, e que ten capacidades sorprendentes. Xa no seu novo fogar, Kyle deberá aprender como se comporta o ser humano e deberá afrontar os problemas que se precipitan sobre el. A isto súmase un home que se mantén en segredo, vixiándoo.

Personaxes

editar
Matt Dallas é Kyle, protagonista da serie.

Principais

editar

Recorrentes

editar

Música

editar

A banda sonora da primeira tempada de Kyle XY saíu á venda o 22 de maio de 2007 nos Estados Unidos. As cancións incluídas son:

  1. Hide Another Mistake - The 88.
  2. Nevermind the Phonecalls - Earlimart.
  3. Surround - In-Flight Safety.
  4. I'll Write the Song, You Sing - Irving.
  5. Wonderful Day - O.A.R..
  6. Bug Bear - Climber.
  7. Honestly - Cary Brothers.
  8. So Many Ways - Mates of State.
  9. Middle Of the Night - Sherwood.
  10. Alibis - Marianas Trench.
  11. It's Only Life - Kate Voegele.
  12. 3 A.M. - Sean Hayes.
  13. Born On the Cusp - American Analog Set.
  14. Will You Remember Me (Lori's Song) - April Matson.

O compositor Michael Suby é o autor dalgúns dos temas que aparecen repetidamente ao longo de toda a serie, como Welcome to the Family, aínda que estes non foron incluídos no álbum da banda sonora.

Canles de televisión que emiten a serie

editar

A serie foi producida e transmitida nos Estados Unidos pola canle ABC Family, os luns ás 8 da noite.

Véxase tamén

editar