A Dieta do Xapón (国会 Kokkai) é a asemblea ou órgano máximo do poder do estado do Xapón consonte a Constitución xaponesa. Está formada por membros directamente elixidos polo pobo, cunha idade mínima de 20 anos. Os partidos políticos, aos que pertencen case tódolos membros da Dieta, son as unidades básicas da actividade política.

 Kokkai
 Nome orixinal
   国会 (ja)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Composto por
Características
 Contén partes da clase
Implicados
Datas
 Fundación / creación
20 de maio de 1947 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Substitúe
Dieta Imperial (1889 - 1947) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Xurisdición
 País
Códigos e identificadores
VIAF153689792 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/015szn Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

A Dieta nomea a un dos seus membros Primeiro Ministro, quen á súa vez forma o [gabinete] que controla o poder executivo do goberno.

A Dieta é o único órgano lexislativo do Estado. Toda lei debe seguir un proceso ata a súa aprobación final na mesma. Ademais ten outras funcións importantes, como a aprobación dos orzamentos da Nación, a ratificación de tratados internacionais e a posta en marcha de propostas formais para emendar a Constitución.

Celébranse tres categorías de sesións na Dieta: ordinaria, extraordinaria, e especial. A sesión ordinaria, convocase en xaneiro, unha vez ao ano, cun termo de 150 días, desempeña o papel principal xa que é onde os membros da Dieta deliberan os orzamentos para o ano seguinte e as leis necesarias para poñer en execución tales orzamentos.