Lingua groenlandesa
A lingua groenlandesa[1][2] (kalaallisut), tamén chamada esquimó-groenlandés ou groenlandés-inuktitut, é unha lingua esquimó-aleutiana falada en Groenlandia e que está estreitamente relacionada con algúns idiomas canadenses como o inuktitut. O groenlandés, ao igual que as linguas coas que está emparentada, é de carácter altamente polisintético e ergativo. Case non ten palabras compostas.
| Lingua groenlandesa | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Kalaallisut | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
No ano 2007 era falada por máis de 57.000 persoas, o que supón un número maior que o de todos os falantes das demais linguas esquimó-aleutianas xuntas. É a lingua oficial de Groenlandia,[3] onde o dinamarqués ten un estatuto semi-oficial.[4] O groenlandés está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[5]
Dialectos
editarCaracterísticas
editarTipoloxía e morfosintaxe
editarO groenlandés diferenza dous tipos de palabras abertas: substantivos e verbos. Cada categoría subdivídese en palabras transitivas e intransitivas. Distínguense catro persoas: 1ª, 2ª, 3ª e 3ª reflexiva; dous números: singular e plural (non hai dual como no esquimó); oito tempos: indicativo, participial, imperativo, optativo, subxuntivo pasado, subxuntivo futuro e subxuntivo habitual; dez casos: absolutivo, ergativo, ecuativo, instrumental, locativo, allativo, ablativo e perlativo. Para algúns nomes (nominativo e acusativo) os verbos teñen unha inflexión bipersonal para o suxeito e o obxecto (distinguidas por persoa e número). Os substantivos transitivos levan inflexión posesiva.
Como comparativa co esquimó, que en groenlandés é inuttut, unha das palabras máis característica do inuktitut é iglú, que en groenlandés se escribe illu.
Escritura
editarAlfabeto
editara, e, f, g, h, i, j, k, l, m, n, o, p, q, r, s, t, u, v
En contraste coas linguas esquimó-aleutianas do Canadá, o groenlandés escríbese co alfabeto latino e non co silabario esquimó. Un carácter especial, a letra Kra (ĸ), empregouse exclusivamente en groenlandés até que unha reforma ortográfica substituíuna pola letra q.
Mostra de texto
editarInuit tamarmik inunngorput nammineersinnaassuseqarlutik assigiimmillu ataqqinassuseqarlutillu pisinnaatitaaffeqarlutik. Silaqassusermik tarnillu nalunngissusianik pilersugaapput, imminnullu iliorfigeqatigiittariaqaraluarput qatanngutigiittut peqatigiinnerup anersaavani.Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, débense comportar fraternalmente uns cos outros.Declaración universal dos dereitos humanos, artigo 1º
Notas
editar- ↑ Definición de groenlandés -sa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para groenlandés.
- ↑ "Lov om Grønlands Selvstyre" (PDF). Lovtidende (en dinamarqués). 2009-06-13. p. 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2011-06-05.
Det grønlandske sprog er det oficielle sprog i Grønland.
- ↑ Rischel, Jørgen. "grønlandsk" (en dinamarqués).
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
editar| Vexa a proba da Wikipedia en Lingua groenlandesa |
| A Galipedia ten un portal sobre: Groenlandia |
