K'akheti foi un principado feudal independente de finais do século VIII. Foi incorporado ó Reino Unido de Xeorxia a principios do século XI. Após a desintegración do Reino de Xeorxia, K'akheti converteuse nun reino independente na décado de 1460. En 1762, o reino de K'akheti uniuse co vecino reino xeorxiano de Kartli. Ambos reinos foron debilitados polas frecuentes invasións e en 1801 o Reino de Kartli - K'akheti foi anexada ao Imperio ruso. En 1918-1921 K'akheti era parte da independente República Democrática de Xeorxia e dende 1922 ata 1991 parte da Unión Soviética dentro da República Socialista Soviética de Xeorxia sen ser unha entidade política administrativa. Dende a independencia de Xeorxia en 1991, K'akheti é unha rexión na república de Xeorxia e Telavi segue sendo a súa capital.