Filla dos profesores pontevedreses Carmen Ruano e Eloy Varela, estudou no IES Sánchez Cantón e despois de graduarse en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid comezou a traballar na RTVE en 2005 como locutora e redatora nos Servizos Informativos da RNE para a Radio Exterior de España. En 2008, pasou a ser locutora e redatora de Radio 3 en programas como Siglo 21, 180 Grados ou Los Conciertos de Radio 3, e na retransmisión de distintos festivais de música. Desde 2013, Varela traballa como reporteira para TVE en programas como Comando actualidad e La mañana de La 1; neste último tamén colabora como comentarista da sección de espectáculos.
En xullo de 2019 dirigiu A partir de hoy, un programa matutino de verán de La 1 de Televisión Española conducido por Màxim Huerta. Desde o 31 de agosto de 2020 e ata o verán de 2022 dirixiu e presenta en RNE o espazo vespertino Tarde lo que tarde.[5] En setembro de 2022 comezou a presentar e dirixir o magacine nocturno de RNE Gente despierta.[6] No verán de 2023 copresentará Dúos increíbles con Xavi Martínez en TVE1.[7]
Ligada á Barrela e Chantada, onde exerceu o seu avó o garda Varela e se criou seu pai Eloy Varela, o 22 de agosto de 2015 foi a pregoeira das festas de Chantada. Nun discurso reivindicativo falou do prezo xusto para o leite que producen os gandeiros da zona e pediu axudas para a rehabilitación das casas abandonadas no rural.[8]
En 2019 publicou a súa primeira novela ¿Por qué me pido un gin tonic si no me gusta?
¿Por qué me pido un gin tonic si no me gusta? (2019). Ediciones B. 312 páxs. ISBN 978-8466665575. Unha obra para descubrir as preocupacións das mulleres de trinta anos a través do humor.[9]
Fernando Miranda, Julia Varela e Manel Loureiro na presentación de Todo por hacer, Centro Social do Mar-Libraría Miranda, Bueu, 2026Todo por hacer (2026). Madrid: Ed. B. 288 páxs. ISBN 9788466682855.[10] A perda da nai, as emocións, con presenza de Vigo e Belesar.