Joma fundouse en 1965 e comezou fabricando e distribuíndo calzado en xeral. Non foi ata 1968 cando a marca decidiu enmarcarse dentro do sector do calzado deportivo e de tempo libre. Tras uns anos de éxito relativo, Joma lanzouse ao fútbol, e nos anos 1992, 1994 e 1998 foi a líder en vendas de fútbol do mercado español. En 1999 foi considerada a terceira marca en España logo de Nike e Adidas do sector deportes e a primeira en fútbol. Nos anos 1990 entrou no mercado do calzado para baloncesto competindo cas marcas internacionais do sector. Entón a empresa só fabricaba en España, na súa publicidade mencionaba este feito e que non empregaba man de obra barata. Parte da súa produción faise agora na China.[Cómpre referencia]
Actualmente, a súa actividade principal é a fabricación e comercialización de calzado e téxtil deportivo, especializada en produtos técnicos para o fútbol, atletismo, fútbol sala e tenis. En Portillo de Toledo conta cuns 15.000 m² de nave e outros 70.000 m² anexos.
Joma é a primeira española na clasificación mundial de marcas deportivas. En España está á cabeza en vendas e valoración no mercado do fútbol sala e dentro das cinco mellores marcas de deporte.[Cómpre referencia]