Joker (filme de 2019)

filme de 2019 dirixido por Todd Phillips

Joker é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Todd Phillips, quen tamén escribiu o guión xunto a Scott Silver. O filme, baseado nos personaxes de DC Comics, está protagonizado por Joaquin Phoenix como o Joker. Unha historia orixinal ambientada en 1981, o filme conta a historia de Arthur Fleck, un comediante fracasado que empeza unha vida de crime e caos en Gotham City. Robert De Niro, Zazie Beetz, Frances Conroy, Brett Cullen, Glenn Fleshler, Bill Camp, Shea Whigham e Marc Maron interpretan os papeis secundarios. Joker foi producido por Warner Bros. Pictures, DC Films e Joint Effort en asociación con Bron Creative e Village Roadshow Pictures, sendo distribuído por Warner Bros.

Joker
Logotipo
 Instancia de
 Título
Joker (en)
Джокер (ru) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Lista do elemento
Características
 Cor
 Imaxe tomada con
Alexa 65 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Forma artística
 Formato de distribución
 Tema principal
 Ambientado en
 Época ambientación
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
3 de outubro de 2019 (Oriente Medio, Italia, Hungría)
9 de outubro de 2019 (Francia)
31 de agosto de 2019 (Festival Internacional de Cinema de Venecia)
4 de outubro de 2019 (Estados Unidos de América, Turquía, Reino Unido)
4 de outubro de 2019 (España)
10 de outubro de 2019 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
 Nomeamentos
Óscar ó mellor filme (13 de xaneiro de 2020) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
 122 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe1.85:1 Editar o valor en Wikidata
Espectadores2.835.365 Editar o valor en Wikidata
Custo55000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación1074458282 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF316967053 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0005-634B-0000-R-0000-0000-U Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
8.3/10 Internet Movie Database (2 de marzo de 2026)
68% Rotten Tomatoes (24 de xaneiro de 2026)
59/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
7.3/10 Rotten Tomatoes (14 de abril de 2022) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt7286456 Filmaffinity: 520214 Allocine: 258374 Rottentomatoes: m/joker_2019 Mojo: joker2019 Allmovie: v713578 TCM: 2180929 Metacritic: movie/joker
Facebook: jokermovie Twitter: jokermovie Instagram: jokermovie Netlix: 81092221 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Phillips concibiu Joker en 2016 e escribiu o guión xunto con Silver ó longo de 2017. Os dous estiveron inspirados polos estudos do personaxe da década de 1970 e os filmes de Martin Scorsese, que foi incluído inicialmente no proxecto como un produtor. A novela gráfica Batman: The Killing Joke (1988) foi a principal base da premisa, pero por outra banda Phillips e Silver non se centraron en ningún volume de banda deseñada en específico na busca de inspiración. Phoenix sumouse ó proxecto en febreiro de 2018 e foi escollido como protagonista en xullo, mentres que a maioría do resto do elenco incorporouse en agosto. A fotografía principal fíxose nas cidades de Nova York, Jersey City, e Newark, entre setembro e decembro de 2018. É o quinto filme de acción baseado no universo de Batman en recibir unha clasificación de +18 pola Motion Picture Association of America, por mor do seu contido violento e perturbador.

Joker estreouse na 76ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 31 de agosto de 2019, onde gañou o León de Ouro, e estreouse nos Estados Unidos o 4 de outubro de 2019. O filme polarizou a crítica; mentres que a interpretación de Phoenix foi amplamente eloxiada, o seu ton escuro, a representacións das doenzas mentais e a violencia dividiron as opinións.[1] Joker tamén xerou preocupación por posibles imitadores na vida real nos Estados Unidos, e o cinema onde ocorreu o masacre de Aurora de 2012 nunha proxección de O cabaleiro escuro rexeitou estreala. O filme recadou máis de 606 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no décimo filme con maior recadación de 2019 e marcando récords dunha estrea no mes de outubro.

Personaxes

editar
  1. Cavna, Michael (3 de outubro de 2019). "Why 'Joker' became one of the most divisive movies of the year". The Washington Post (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2019. Consultado o 3 de outubro de 2019.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar