Jenny Slate
Jennifer Sarah "Jenny" Slate,[1] nada o 25 de marzo de 1982, é unha actriz, cómica e autora estadounidense. É coñecida polo seu papel de Mona Lisa Saperstein en Parks and Recreation así como por ser a cocreadora das curtametraxes Marcel the Shell with Shoes On e a serie de libros infantís. Formou parte do equipo de Saturday Night Live na tempada 2009 e apareceu en series como House of Lies, Married, Bob's Burgers, Hello Ladies, Kroll Show, Bored to Death e Girls, así como nos filmes Zootopia, The Secret Life of Pets e Despicable Me 3. Slate interpretou o papel principal do filme de 2014 Obvious Child.
(2026) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Jenny Sarah Slate 25 de marzo de 1982 Milton |
| Residencia | Os Ánxeles |
| Educación | Universidade Columbia Milton Academy (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Actuación |
| Ocupación | monologuista, escritora de literatura infantil, cantante, actriz de dobraxe, guionista, produtora, escritora, actriz, humorista |
| Período de actividade | 2005 |
| Membro de | |
| Instrumento | Voz |
| Familia | |
| Cónxuxe | Ben Shattuck (2021–) |
| Parella | Chris Evans (2016–2018) |
| Premios | |
Traxectoria
editarSlate naceu en Milton, Massachusetts, e os seus pais son Ron e Nancy Slate, unha poeta e autora.[2] Ten dúas irmás, Abigail e Stacey. Despois da súa graduación de Milton Academy,[2] asistiu á Universidade de Columbia, onde participou nun grupo de improvisación, Fruit Paunch, e en Varsity Show,[3] graduouse da Universidade de Columbia en 2004.[4]
Vida persoal
editarEntre 2012 e 2016 estivo casada con Dean Fleischer-Camp.[5]
Notas
editar- ↑ FamilySearch.org (ed.). "Jenny Sarah Slate". Consultado o 11 de maio de 2016.
- 1 2 Flannery, Paul (27 de febreiro de 2009). Metrocorp, ed. "Questions For: Jenny Slate". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2009. Consultado o 24 de xaneiro de 2014.
- ↑ Fitzner, Ana (3 de maio de 2002). "Varsity Show Reach Exceeds Its Grasp". Columbia Spectator. Consultado o 24 de xaneiro de 2014.
- ↑ Scholl, Diana (9 de novembro de 2011). Vulture, ed. "Vulture Interviews New Saturday Night Live Cast Member Jenny Slate". Consultado o 24 de xaneiro de 2014.
- ↑ King, Brittany (4 de maio de 2016). "Jenny Slate and Husband Dean Fleischer-Camp Split". People. Consultado o 1 de agosto de 2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)