Jaak Joala

cantante estoniano

Jaak Joala, nado en Viljandi o 26 de xuño de 1950 e finado en Talín o 25 de setembro de 2014, foi un cantante e músico estoniano. Comezou a súa carreira como frautista, sendo despois tamén vocalista e baixista. Joala foi membro das bandas Kristallid e Virmalised. Joala é considerado unha lenda da música por algúns.[1]

Modelo:BiografíaJaak Joala

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xuño de 1950 Editar o valor en Wikidata
Viljandi Editar o valor en Wikidata
Morte25 de setembro de 2014 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Talín Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMetsakalmistu Editar o valor en Wikidata
Outros nomesKremli Ööbik Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto de Música de Talín
Escola de Música de Talín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, produtor musical, profesor de música, músico, profesor de música Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoFrauta, guitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiHelgi Ridamäe Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1845339 Musicbrainz: 8118fcdb-0d7c-4f61-9c64-f631ad259a23 Discogs: 139091 Find a Grave: 143531103 Genius: Jaak-joala Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Jaak Joala naceu en Viljandi, Estonia, e medrou en Talín. A súa nai, Helgi Ridamäe, era profesora de música en varias escolas da capital. O seu pai era Arno Joala, que era músico e máis tarde tamén se coñecería como curandeiro. Cando Jaak cumpriu sete anos, comezou a tomar clases de piano e, na adolescencia, tamén comezou a tomar clases de frauta.[2]

Carreira

editar

Comezou a súa carreira musical co grupo Kristallid en 1966 como frautista, e despois como cantante e baixista. En 1968, foi baixista e cantante principal do popular grupo Virmalised. Con Virmalised cantou varias das cancións de Toivo Kurmet: "Ainult sul", "Ma ei tea, miks", "Naer", "Taas on päev" e "Üksinda". Joala presentou a música rock occidental ao público estoniano e soviético cantando na súa lingua materna.[3]

Na década de 1980 gañouse o alcume de "Reiseñor do Kremlin" porque actuaba e gravaba a miúdo en Rusia, e unha gran parte do seu repertorio, composto por cancións escritas por grandes compositores como Raimonds Pauls, David Tukhmanov e Alexander Zatsepin, naquel momento cantabase en ruso.[4]

O compañeiro de banda de Joala, Paap Kõlar, contou que finalmente Joala cansouse de actuar, dicindo que Goskontsert, a axencia de entretemento soviética, esixíalle que actuase. Kõlar suxeriu que Joala non tiña moita elección sobre se actuar ou non.[5]

Na década de 1990 os proxectos máis coñecidos de Joala como cantante foron con Kollane Allveelaev G. Nesa banda interpretaba música dos anos 60 xunto con Ivo Linna, Karl Madis, Meelis Punder e outros. A mediados desa década actuou en concertos conxuntos con Ivo Linna e Tõnis Mägi. A xira de concertos foi coñecida informalmente como "a xira dos Tres Tenores". Despois da década de 1990 Joala dedicou o seu tempo á docencia, á produción e á presentación de programas de televisión e radio. Nos últimos dez anos da súa vida viviu en gran medida illado.[2]

Joala faleceu o 25 de setembro de 2014 e foi enterrado no cemiterio forestal de Talín.

  1. "Reet Linna Joalast: väliselt ligipääsmatu, aga tegelikult soe ja sõbralik". Elu24 (en estoniano). 2014-09-26. Consultado o 2025-04-28.
  2. 1 2 "Яак Йоала. Биография". www.peoples.ru (en ruso). Consultado o 2025-04-28.
  3. "Suri Jaak Joala". www.ohtuleht.ee (en estoniano). Consultado o 2025-04-28.
  4. "Vahur Kersna: ei ole olemas nii kõrget ausammast, kui Jaak Joala vääriks". Kroonika (en estoniano). Consultado o 2025-04-28.
  5. "Jaak Joala bändikaaslane: Eestis asuti teda taga nõudma siis, kui teda enam polnud…". Kroonika (en estoniano). Consultado o 2025-04-28.