Isère
Isère é o departamento número 38 de Francia, localizado na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes.
| Isère (fr) Isèra (oc) Isera (frp) | |||||
| Epónimo | Río Isère | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Auvernia-Ródano-Alpes | ||||
| Capital | Grenoble | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.298.990 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 7.431 km² | ||||
| Altitude | 846 m | ||||
| Punto máis alto | Pic Lory (4.088 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 4 de marzo de 1790 | ||||
| Organización política | |||||
| • Presidente | Jean-Pierre Barbier (2015–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | FR-38 | ||||
| Código NUTS | FR714 | ||||
| Código de departamento INSEE | 38 | ||||
| Sitio web | isere.fr | ||||
Historia
editarIsère tira o seu nome do afluente da beira dereita do río Ródano e do "país" (latín pagus) que o bordea. A etimoloxía vén do celta Isar,[Cómpre referencia] é dicir, "o ferro", mineral que debía ser abandonado ó longo das beiras do Isère na época prehistórica.
En tanto que departamento, Isère foi creado durante a Revolución francesa, o 4 de marzo de 1790 en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789, a partir dunha parte da provincia do Delfinado.
Os seus límites co departamento de Ródano foron moitas veces modificados, sobre todo en 1852 e en 1967, amputando o Isère que se estendía inicialmente ata Villeurbanne.
Xeografía
editarO departamento de Isère forma parte da rexión de Auvernia-Ródano-Alpes. Linda cos departamentos de Ródano, Ain, Savoia, Altos Alpes, Drôme, Ardèche e Loira.
Debe o seu nome ó río Isère, que o atravesa polo fondo do val do Grésivaudan (tamén chamado Graisivaudan).
Este departamento ten moitos contrastes: ao norte as Terras Frías, terra de vales; no centro-este o macizo da Chartreuse; despois, na beira esquerda do Isère os macizos de Belledonne, de Grandes-rousses, de Ecrins (punto culminante do departamento a 4.102 m) e o macizo de Vercors ó oeste.