Indias Orientais Neerlandesas

Indias Orientais Neerlandesas foi o nome das colonias estabelecidas pola Compañía Holandesa das Indias Orientais, que estiveron baixo a administración dos Países Baixos durante o século XIX.

Indias Orientais Neerlandesas
Imaxe da bandeira
 Instancia de
 Parte de
 Estudado por
Características
 Lingua oficial
 Lingua usada
 Moeda
Implicados
 Xefe de estado
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
 Territorio reivindicado por
Datas
 Fundación / creación
1 de xaneiro de 1800 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
Historia
 Precedido por
Lanfang Republic (en) Traducir (1777 - 1884)
Sultanate of Bulungan (en) Traducir (1731 - 1964)
Pagaruyung Kingdom (en) Traducir (1347 (Gregoriano) - 1833)
Sultanato de Achém (pt) Traducir (1496 - 1903)
Sultanato de Sulu (pt) Traducir (1405 - 1915)
Sultanate of Banjar (en) Traducir (1526 - 1860)
Company rule in the Dutch East Indies (en) Traducir (1610 - 1800)
Bali Kingdom (en) Traducir (914 - 1908)
British Bencoolen (en) Traducir (1785 - 1824)
Soppeng Sultanate (en) Traducir (século XIII - 1940)
Palembang Sultanate (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Substitúe
Sultanate of Tidore (en) Traducir (1450 - 1904)
Kutai (en) Traducir (século IV - 1844)
Kingdom of Bolaang Mongondow (en) Traducir (1670 - 1901)
Sultanate of Jailolo (en) Traducir (século XIII - 1832) Editar o valor en Wikidata
 Substituído por
Indonesia (1945 - )
Estados Unidos da Indonésia (pt) Traducir (1949 - 1950) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Continente
 Capital
 Contén división administrativa
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
VIAF122581477 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0fl1l Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
O territorio baixo ocupación efectiva amosase en vermello. En laranxa a Nova Guinea Holandesa.

A finais do século XVI, exploradores mariños (Van Linschoten en 1582 e mais as viaxes de Cornelis Houtman en 1592) prepararon o camiño para a expedición de Houtman a Bantam, o principal porto da Illa de Xava, en (1595-97), onde conseguiu unhas pequenas ganancias. A penetración holandesa nas Indias Orientais, que ata daquela eran posesión de Portugal foi lenta e levada dunha maneira discreta.

A Compañía Holandesa das Indias Orientais, creada en 1602, concentrou os esforzos comerciais holandeses baixo un único mando e unha política. En 1605 barcos mercantes neerlandeses capturaron o forte portugués de Amboyna nas Molucas, que constituíu a primeira base da VOC, nome que lle deron os neerlandeses á súa compañía. A Tregua dos Doce Anos asinada en Anveres en 1609 deu comezo a un cesamento das hostilidades entre Portugal e as Provincias Unidas. Nas Indias, a fundación de Batavia formou o centro desde onde as empresas holandesas, máis mercantís que coloniais, poderían ser coordenadas.

Un tras doutro, os neerlandeses tomaron o control dos portos das Indias Orientais: Malaca en 1641; Achem no antigo reino de Sumatra, 1667; Macassar, 1669 finalmente Bantam en 1682. Porén, as conexións cos portos da India proporcionou aos holandeses o algodón que intercambiaban por pementa negra.

A grande fonte de riqueza nas Indias Orientais, foi o comercio dentro do arquipélago onde as especias se adquirían con prata orixinaria de América, máis codiciable no Oriente que na Europa.

Concentrando os monopolios nas especias, a política neerlandesa fortaleceu o monocultivo. Amboina dedicouse ao craveiro da India, Timor ao sándalo, as illas da Banda á noz moscada e á pemento. Esta política de monocultivo conectou as economías das illas a un sistema en que todas necesitaban das outras para satisfacer as súas necesidades.

Moeda da Compañía Neerlandesa das Indias Orientais (ducatón) emitida en 1739.

En 1700 un modelo colonial estableceuse; a VOC medrou ata se converter nun estado dentro dun estado e ter un poder dominante dentro do aquipélago. Tras a liquidación da compañía en 1799, e tras o interregno británico durante as Guerras napoleónicas, o goberno dos Países Baixos retomou a administración ata a independencia de Indonesia en 1949 tras a Revolución Nacional de Indonesia.

A capital das Indias Orientais Holandesas foi Batavia, agora coñecida como Iacarta.

Véxase tamén

editar