In the Name of the Father

filme de 1993 dirixido por Jim Sheridan

In the Name of the Father é un filme irlandés, dirixido por Jim Sheridan. O filme baséase na historia real de catro cidadáns falsamente acusados e apreixados polo atentado do IRA nun pub de Guilford, no que morreron catro soldados británicos e un civil. O guión foi adaptado da autobiografía Proved Innocent: The Story of Gerry Conlon of the Guildford Four, de Gerry Conlon.

In the Name of the Father
 Instancia de
 Título
In the Name of the Father (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Inspirado na obra de
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
17 de marzo de 1994 (Alemaña)
12 de decembro de 1993 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Participou en
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Óscar á mellor actriz secundaria (9 de febreiro de 1994)
Óscar ó mellor guión adaptado (9 de febreiro de 1994)
Óscar á mellor montaxe (9 de febreiro de 1994)
Óscar ó mellor director (9 de febreiro de 1994)
Óscar ó mellor actor (9 de febreiro de 1994)
Óscar ó mellor actor secundario (9 de febreiro de 1994)
Premio do Cinema Europeo ao mellor filme (1994)
Óscar ó mellor filme Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
 133 min Editar o valor en Wikidata
Localización
Códigos e identificadores
VIAF185634494 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-0288-0000-L-0000-0000-B Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0_b3d Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
94% Rotten Tomatoes (15 de xaneiro de 2026)
84/100 Metacritic (30 de agosto de 2025)
7.8/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0107207 Filmaffinity: 376985 Allocine: 9430 Rottentomatoes: m/in_the_name_of_the_father Mojo: inthenameofthefather Allmovie: v123216 TCM: 79143 Metacritic: movie/in-the-name-of-the-father TV.com: movies/in-the-name-of-the-father Netlix: 624536 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Sinopse

editar

No Belfast dos anos 70, Gerry (Daniel Day-Lewis) é un moinante que non fai nada de proveito, para desgusto do seu pai Giuseppe (Pete Postlethwaite), un home tranquilo e apoucado. Cando Gerry é ameazado polo IRA por roubar en numerosas ocasións, o seu pai mándao a Inglaterra. Unha vez alí, é acusado de participar nun atentado terrorista e condenado a cadea perpetua xunto cos "catro de Guildford". Tamén o seu pai é arrestado e encarcerado. En prisión, Gerry descobre que a aparente fraxilidade do seu pai agocha en realidade unha gran forza interior. Coa axuda dunha avogada entregada á súa causa (Emma Thompson), Gerry proponse demostrar a súa inocencia, limpar o nome do seu pai e facer pública a verdade sobre un dos máis escandalosos erros legais da historia recente do Reino Unido.

Personaxes

editar

Galardóns e nomeamentos

editar
  • 1993: 7 nomeamentos ós Oscar, incluíndo mellor actor (Daniel Day-Lewis), mellor actor secundario (Pete Postlethwaite), mellor actriz secundaria (Emma Thompson), mellor director, mellor montaxe, mellor película e mellor guión adaptado.
  • 1993: 4 nomeamentos ó Globo de Ouro: Filme drama, bso, actor drama e actriz secundaria.
  • 1993: 2 nomeamentos ós BAFTA: Mellor actor (Daniel Day-Lewis) e guión adaptado.
  • 1993: Premios David di Donatello: Mellor filme estranxeiro. 2 nomeamentos.
  • 1994: Oso de ouro no Festival internacional de cinema de Berlín en 1994.

Véxase tamén

editar