Imperio Galo

estado rebelde do Imperio Romano no século III

O Imperio Galo, Imperio Gálico (en latín: Imperium Galliarum ou Imperium Gallicum) ou Imperio Galorromano son nomes utilizados na historiografía moderna para unha parte disidente do Imperio Romano que funcionou de facto como un estado separado dende 260 ata 274. Orixinouse durante a crise do século III, cando unha serie de xefes militares e aristócratas romanos se declararon emperadores e tomaron o control da Galia e das provincias adxacentes sen tentar conquistar Italia ou apoderarse doutro xeito do aparato administrativo central romano.[1]

Imperio Galo
 Nome orixinal
    Imperium Galliarum (la)   Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
 Forma de goberno
 Relixión
Implicados
 Xefe de estado
Datas
 Fundación / creación
260 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
274 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Capital
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/0127rd Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O Imperio Galo foi establecido por Póstumo no ano 260 a raíz das invasións bárbaras e da inestabilidade en Roma, e no seu apoxeo incluíu os territorios de Xermania, Galia, Britania e (durante un tempo) Hispania. Despois do asasinato de Póstumo en 269 perdeu gran parte do seu territorio, pero continuou baixo unha serie de emperadores e usurpadores. Foi retomada polo emperador romano Aureliano despois da batalla dos Campos Cataláunicos en 274.

  1. Goldsworthy, Adrian (2009). The Fall of the West. Weidenfeld & Nicolson. pp. 116–117. ASIN B002VHI8N6.