Illa Norte

unha das dúas illas principais de Nova Zelandia

A Illa Norte[Cómpre referencia] ou Illa do Norte[1] ('North Island' en Inglés, ou 'Te Ika ā Maui', 'O Peixe de Maui', en Maori) é unha das dúas illas principais de Nova Zelandia, separada da Illa Sur, polo Estreito de Cook.

Modelo:Xeografía físicaIlla Norte
(en) North Island
(mi) Te Ika-a-Māui Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Epónimonorte Editar o valor en Wikidata
Parte deNova Zelandia Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaNova Zelandia Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteOceanía insular Editar o valor en Wikidata
División administrativaNova Zelandia Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°S 176°L / -39, 176
Bañado porocéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.797 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Ruapehu Editar o valor en Wikidata  (2.797 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie113.729 km² Editar o valor en Wikidata
Vista de Napier desde Sugar Loaf Hill

A illa ten unha rexión montañosa (máis baixa que a da Illa Sur), que consta de montes boscosos, unha meseta central volcánica e outeiros.

Os vales de Rotorua e Taupo, situados preto da Baía de Plenty, teñen algúns dos mananciais termais máis grandes de Nova Zelandia. Prodúcense cando a auga subterránea sobrecalentada xorde á superficie a través das rocas. O lago Taupo, situado no centro da illa, é o maior de Nova Zelandia e ocupa o cráter dun volcán extinto.

Cara ao suroeste da illa atópase un volcán extinto, o monte Taranaki, de 2518 metros.

O clima e a topografía da illa son máis favorables para a agricultura. Ovinos e bovinos poden alimentarse no verán e inverno nos ricos pastos que rodean Auckland e Christchurch. Unha ampla gama de cultivos, que inclúen hortalizas, cereal e froitas como a uva e o kiwi, prodúcense na parte norte de Nova Zelandia. As ricas zonas pesquerías do océano Pacífico teñen unha crecente importancia económica.

Nome e uso

editar

Aínda que a illa coñeceuse como a "Illa Norte" durante moitos anos[2], en 2009 a Xunta Xeográfica de Nova Zelandia atopou que, xunto coa Illa do Sur, a Illa Norte non tiña nome oficial.[3] Logo dunha consulta pública, a xunta nomeou oficialmente á illa Illa Norte como Te Ika-a-Maui en outubro de 2013.[4]

Mitoloxía maorí

editar

Segundo a mitoloxía de maorí, as illas do norte e do sur de Nova Zelandia xurdiron pola acción do semideus Māui. Māui e os seus irmáns pescaban desde a súa canoa (a Illa Sur) cando pescou un gran peixe e sacouno do mar. Mentres non miraba aos seus irmáns estes loitaron polo peixe e cortárono. Este gran peixe converteuse na Illa Norte e, polo tanto, o nome maorí para a Illa Norte é Te Ika-a-Māui (O Peixe de Māui). Crese que as montañas e os vales formáronse como resultado de queos irmáns de Māui cortaran o peixe. Ata principios do século XX, un nome alternativo dos maorís para a Illa Norte foi Aotearoa. No uso actual, Aotearoa é o nome colectivo para Nova Zelandia como un todo.

Principais cidades

editar

A illa do norte ten unha poboación máis grande que a illa do sur coa cidade máis grande do país, Auckland así como a capital, Wellington en ambos extremos da illa:

  • Auckland, con 1 495 000 habitantes (zona metropolitana) e situada no golfo de Huaraki, no nordés da illa.
  • Wellington, (zona metropolitana) (capital de Nova Zelandia), con 405.000 habitantes e situada no extremo sur da illa.
Áreas urbanas da Illa Norte por poboación
Área Urbana Rexión Poboación xuño 2016 Área Urbana Rexión Poboación xuño 2016
1AucklandAuckland1.495.000  11WanganuiManawatu-Wanganui39.600
2WellingtonWellington405.000  13GisborneGisborne36.100
3HamiltonWaikato230.000  13PukekoheAuckland29.800
4TaurangaBaía de Plenty134.400  14TaupoWaikato24.100
5Napier-HastingsBaía de Hawke131.000  15MastertonWellington21.200
6Palmerston NorthManawatu-Wanganui84.300  16 LevinManawatu-Wanganui20.600
7RotoruaBaía de Plenty57.800  17WhakatāneBaía de Plenty19.600
8New Plymouth, Nova ZelandiaTaranaki56.800  18FeildingManawatu-Wanganui16.250
9WhangareiNorthland56.400  19TokoroaWaikato13.700
10KapitiWellington41.800  20HaweraTaranaki11.800

Picos maiores

editar

Principais lagos

editar
  • Rotoiti
  • Rotorua
  • Tarawera
  • Taupo
  • Waikare
  • Waikaremoana
  • Wairarapa
  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2.
  2. Nalgúns mapas do século XIX, a Illa Norte e chamada New Ulster (Novo Ulster), que era tamén unha provincia de Nova Zelandia que incluíu a Illa Norte.
  3. "The New Zealand Geographic Board Considers North and South Island Names". Land Information New Zealand. 21 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2013. Consultado o 28 de novembro de 2012.
  4. "Two official options for NZ island names". NZ Herald. 10 de outubro de 2013. Consultado o 10 de outubro de 2013.