Este artigo amosa escritos coreanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A compañía foi un dos conglomerados industriais máis influentes na economía de Corea do Sur. Durante a crise financeira asiática de 1998, acumulou fortes perdas que o levaron a desmantelar a entidade en compañías independentes entre si. Tras ser disolta a sociedade orixinal en 2003, a súa herdeira é o segundo chaebol máis grande do país por detrás de Samsung.
Toda a actividade económica de Hyundai estrutúrase en seis empresas independentes entre si:
Hyundai Group: compañía orixinal de Hyundai, creada en 1947 como unha empresa de construción de infraestruturas. Adicase a infraestruturas, ascensores e turismo.
Hyundai Motor Group: a empresa máis coñecida de Hyundai a nivel mundial, encargase da fabricación de coches, con Hyundai Motor Company e Kia Motors como as súas dúas marcas máis coñecidas. É o cuarto fabricante de vehículos a nivel mundial.[1]