Hubert Emmerig

numismático alemán

Hubert Richard Sebastian Emmerig, nado en Múnic o 10 de marzo de 1958, é un numismático alemán vinculado ás universidades de Viena e de Múnic.

Modelo:BiografíaHubert Emmerig
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1958
Múnic Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeAlemá
Educación Universidade de Múnic.
Q89547790Estudos de numismática clásica.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Premios
2000: Premio da SHMI.
2023: Medalla Eckhel (OGN).

Traxectoria

editar

Emmerig cursou entre 1977 en 1988 estudos de Ciencias Auxiliares da Historia, Historia Medieval e Arqueoloxía Clásica na Universidade de Múnic, e en 1988 obtivo o grao de mestrado cun traballo sobre a Casa da Moeda de Ratisbona,[1] titulado "A administración da ceca de Ratisbona nos séculos XIII e XIV".[2] Finalmente, en 1991 acadou o seu doutoramento cunha tese que afondaba no estudo das emisións monetarias da mesma ceca,[1] titulada "O pfennig de Ratisbona. A moeda en Ratisbona desde o século XII ata 1409.[2]

Simultaneamente á súa etapa universitaria, Emerig traballou en diversas compañías de poxas numismáticas en Múnic,[2] entre elas Giessener Münzhandlung, e entre 1989 e 1995 participou en varios proxectos de documentación de escavacións e achados monetarios.[1]

No ámbito editorial, Hubert Emmerig foi director e editor xefe da revista numismática alemá Geldgeschichtliche Nachrichten, entre 1995 e 1998.[2][1]

En 1996 ingresou na Universidade de Viena como axudante no Instituto de Numismática e Historia Numismática, e a partir de 2005 accedeu á praza de profesor asociado de Numismátiva Medieval e Moderna e Historia do Diñeiro, nesa mesma institución. Simultaneamente, desde 1999 imparte tamén docencia de Numismátiva na Universidade de Múnic.[1]

Emmerig centra as súas investigacións nos achados monetarios de época medieval e moderna en Austria, e dirixe varios proxectos sobre este tema.[1]

Recoñecementos

editar

Publicacións

editar

Ao longo da súa traxectoria académica, Hubert Emmerig publicou unha boa cantidade de artrigos en diversas revistas científicas do ámbito historiográfico e numismático.[6][7]

Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:[7][8][9]

  1. 1 2 3 4 5 6 "Emmerig, Hubert". En Coins Weekly. 3 de agosto de 2016.
  2. 1 2 3 4 5 6 "Univ.-Prof. Dr. Hubert Emmerig M. A.". Numismatik.univie.ac.at
  3. "Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch).
  4. "University of Vienna awarded Otto Paul Wenger Prize". En Coins Weekly. 8 de xullo de 2011.
  5. "Die Eckhel Medaille Arquivado 08 de outubro de 2021 en Wayback Machine.". Österreichische Numismatische Gesellschaft (Oeng.at).
  6. "Prof. Dr. Hubert Emmerig M. A. Curriculum Vitae". En Univie.academia.edu
  7. 1 2 "Emmerig, Hubert 1958- Arquivado 03 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  8. "Emmerig, Hubert". WordCat Identities.
  9. Publicacións de Hubert Emmerig. Deutschen Nationalbibliothek.