Giuseppe Baretti
Giuseppe Marc'Antonio Baretti, nado en Turín en 1719 e finado en Londres en 1789, foi un escritor e crítico italiano.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de abril de 1719 Turín |
| Morte | 5 de maio de 1789 Londres |
| Lugar de sepultura | St. Marylebone Churchyard (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, poesía e crítica literaria |
| Ocupación | lexicógrafo, tradutor, crítico literario, dramaturgo, poeta, escritor |
| Membro de | |
| Pseudónimo literario | Aristarco Scannabue Severo Fuggitivo |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarAos dezaseis anos traballa como empregado dunha casa comercial en Guastalla ao tempo que estuda historia e literatura baixo a guía do escritor Carlo Cantoni. A súa carreira literaria comeza coa tradución das obra de Pierre Corneille. Viaxa a Londres onde se instala traballando como secretario da Royal Academy of Painting, e fai amizade con Samuel Johnson, Garrick, Burke e Reynolds.
En 1757 publica Italian Library, un catálogo de autores e obras italianas. En Lettera famigliari recolle as súas viaxes por España, Portugal e Francia entre 1761 e 1765.