Galit Gutmann
Galit Gutmann, nada o 23 de setembro de 1972 en Herzliya, é unha modelo, actriz e presentadora de televisión israelí.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de setembro de 1972 Herzliya |
| Relixión | Xudaísmo |
| Educación | Hadassim Children and Youth Village (en) |
| Altura | 175 cm |
| Cor dos ollos | Azul |
| Cor do pelo | Cabelos castaños claros |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz, modelo, presentadora de televisión |
| Familia | |
| Cónxuxe | Igal Ahouvi (2013–) Ziv Koren (1996–2013) |
Traxectoria
editarGutman comezou a cantar de nena no kibutz Beit Oren, onde pasou parte da súa infancia. En 1981 ela apareceu nunha competición nacional de música cantada por nenos e entrou no mundo da moda pouco despois, aos dezasete anos a versión israelí da revista Woman deulle o título de Descubrimento do ano no mundo da moda. Posou para os catálogos e campañas de firmas de moda tales como Castro, H & O, Croacker, Oberzon e Dani Mizrah, converténdose nunha das principais modelos de Israel.
Entre 1998 e 2000 interpretou o papel de Odelia Tzipori no drama televisivo Ramat Aviv Gimmel. Neses anos tamén estudou interpretación con Yoram Levinstein. Gutman participou ademais nun episodio de HaShir Shelanu e presentou no Canal 10 o programa de entrevistas Limozina (2002-2003) e HaDugmaniyot (2005-2008), un reality baseado no America's Next Top Model.
Está casada co xornalista gráfico Ziv Koren e ten dúas fillas, a familia reside en Tel Aviv.