O Grupo dos Oito , máis coñecido como G8 ou G-8 , agrupa aos sete países países máis industrializados do mundo e máis a Rusia.
G8
Nome curto
G8 (mul)
Fundación / creación
1997
Disolución / destrución
2014
Substitúe
G7 (1975 - )
Substituído por
G7 (1975 - )
Wikidata C:Commons
Manifestación de grupos antiglobalización en Edimburgo pola celebración do 31º Cumio do G8.
O G8 ten a súa orixe na crise do petróleo de 1973 e na posterior recesión mundial, cando a petición do secretario do tesouro nortemaricano, George Shultz , reuníronse os ministros de facenda dos cinco países máis industrializados, aínda que non se formou oficialmente ata 1975 na xuntanza de Rambouillet cando o presidente francés Valéry Giscard d'Estaing convidou a participar nun cumio aos seis países máis industrializados: Francia , Alemaña , Italia , o Xapón , o Reino Unido e os Estados Unidos (G6). En 1976 , uníuselles o Canadá (G7) e en 1998 , Rusia .
Os representantes destes oitos países xúntanse anualmente para analizar o estado da política e a economía internacionais e coordinar as súas políticas económicas.
O cumio anual de líderes do G8 reúne aos xefes de estado ou goberno das oito potencias industrializadas máis importantes. É un evento político internacional de primeira magnitude que ten gran repercusión nos medios de comunicación. O país membro que ostenta a presidencia rotatoria anual é o encargado de organizar o cumio nalgún lugar do seu estado.
Data Estado anfitrión Mandatario anfitrión Sede do cumio Información
1ª 15 – 17 de novembro (1975 ) Francia Valéry Giscard d'Estaing Rambouillet
2ª 27 – 28 de xuño (1976 ) Estados Unidos Gerald R. Ford San Xoán
3ª 7 – 8 de maio (1977 ) Reino Unido James Callaghan Londres
4ª 16 – 17 de xullo (1978 ) Alemaña Helmut Schmidt Bonn
5ª 28 – 29 de xuño (1979 ) Xapón Masayoshi Ohira Tokyo
6ª 22 – 23 de xuño (1980 ) Italia Francesco Cossiga Venecia
7ª 20 – 21 de xullo (1981 ) Canadá Pierre Elliott Trudeau Montebello , Quebec
8ª 4 – 6 de xuño (1982 ) Francia François Mitterrand Versalles
9ª 28 – 30 de maio (1983 ) Estados Unidos Ronald Reagan Williamsburg , Virxinia
10ª 7 – 9 de xuño (1984 ) Reino Unido Margaret Thatcher Londres
11ª 2 – 4 de maio (1985 ) Alemaña Helmut Kohl Bonn
12ª 4 – 6 de maio (1986 ) Xapón Yasuhiro Nakasone Tokyo
13ª 8 – 10 de xuño (1987 ) Italia Amintore Fanfani Venecia
14ª 19 – 21 de xuño (1988 ) Canadá Brian Mulroney Toronto
15ª 14 – 16 de xullo (1989 ) Francia François Mitterrand Grande Arche , París
16ª 9 – 11 de xullo (1990 ) Estados Unidos George H. W. Bush Houston , Texas
17ª 15 de xullo – 17 de xullo (1991 ) Reino Unido John Major Londres
18ª 6 – 8 de xullo (1992 ) Alemaña Helmut Kohl Múnic
19ª 7 – 9 de xullo (1993 ) Xapón Kiichi Miyazawa Tokyo
20ª 8 – 10 de xullo (1994 ) Italia Silvio Berlusconi Nápoles
21ª 15 – 17 de xuño (1995 ) Canadá Jean Chrétien Halifax , Nova Escocia
- 19 – 20 de abril (1996 ) (Cumio especial sobre seguridade nuclear) Rusia Boris Eltsin Moscova
22ª 27 – 29 de xuño (1996 ) Francia Jacques Chirac Lión
23ª 20 – 22 de xuño (1997 ) Estados Unidos Bill Clinton Denver , Colorado
24ª 15 – 17 de maio (1998 ) (Primeiro cumio como G8) Reino Unido Tony Blair Birmingham (arquivo)
25ª 18 – 20 de xuño (1999 ) Alemaña Gerhard Schröder Colonia
26ª 21 – 23 de xullo (2000 ) Xapón Yoshiro Mori Okinawa
27ª 20 – 22 de xullo (2001 ) Italia Silvio Berlusconi Xénova
28ª 26 – 27 de xuño (2002 ) Canadá Jean Chrétien Kananaskis , Alberta
29ª 2 – 3 de xuño (2003 ) Francia Jacques Chirac Évian-les-Bains
30ª 8 – 10 de xuño (2004 ) Estados Unidos George W. Bush Sea Island , Xeorxia
31ª 6 – 8 de xullo (2005 ) Reino Unido Tony Blair Gleneagles , Escocia
32ª 15 – 17 de xullo (2006 ) Rusia Vladimir Putin Strelna , San Petersburgo Arquivado 21 de abril de 2015 en Wayback Machine .
33ª 6 – 8 de xuño (2007 ) Alemaña Angela Merkel Heiligendamm , Mecklenburgo
34ª 7 – 9 de xullo (2008 ) Xapón Yasuo Fukuda Tōyako , Hokkaidō
35ª 8 – 10 de xullo (2009 ) Italia Silvio Berlusconi L'Aquila
36ª 25 – 26 de xuño (2010 ) Canadá Stephen Harper Muskoka , Ontario
37ª 25 – 26 de maio (2011 ) Francia Nicolas Sarkozy Deauville
38ª 18 – 19 de maio (2012 ) Estados Unidos Barack Obama Camp David
39ª 17 – 18 de xuño (2013 ) Reino Unido David Cameron Enniskillen , Irlanda do Norte
40ª 2014 Rusia Vladimir Putin Sochi Suspendida por mor da anexión de Crimea por Rusia