O funk metal ( tamén coñecido como thrash-funk[1] ou punk-funk)[2] é un xénero de fusión que adopta os sons de guitarra e riffs do heavy metal e xuntaos coas liñas de baixo e ritmos sincopados do funk. O xénero evolucionou a finais dos anos 1980 cando grupos como Red Hot Chili Peppers e Fishbone comezaron a practicar este estilo híbrido cunha maior carga de funk que de heavy metal. Grupos posteriores evolucionaron cara a liñas musicais máis achegadas ao metal, mais retiveron as liñas de baixo típicas desta fusión.[3]. Algúns exemplos de grupos clasificados neste xénero son Faith No More,[4]Primus,[5][6][7]Bang Tango,[8]Extreme[9] e Mordred.[5]