Ferdinand Chalandon

Ferdinand Chalandon, nado en Lión o 10 de febreiro de 1875 e finado en Lausana o 31 de outubro de 1921, foi un historiador e numismático francés.[1]

Modelo:BiografíaFerdinand Chalandon
Nome orixinalMarie Ferdinand Chalandon.
Biografía
Nacemento(fr) Marie Ferdinand Chalandon Editar o valor en Wikidata
10 de xaneiro de 1875.
Francia Lión, Francia.
Morte31 de outubro de 1921 (45 anos).
Suíza Lausana, Suíza.
Membro da École française de Rome
1899 – 1901 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Francesa.
EducaciónLycée Louis-le-Grand.
École nationale des chartes.
Tese académicaEssai sur le règne d'Alexis Ier Comnène (1081-1118) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoriografía, numismática.
Ocupaciónhistoriador, numismático, bizantinista, medievalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEscola Francesa de Roma.
Premios
1900 Premio Bordin.
1909 Premio Gobert.

Traxectoria

editar

Primeiros anos e formación

editar

Ferdinand Chalandon naceu o 10 de febreiro de 1875 en Lión. Nesa cidade comezou a súa educación, que logo continuou en París, no Lycée Louis-le-Grand, onde se licenciou en Historia en 1895. Despois ingresou na École des Chartes e en 1897 acadou o diploma de altos estudos, e en febreiro de 1899 o de arquivista-paleógrafo.[2] A modo de tese de graduación, en 1900 presentou un traballo sobre o reinado de Aleixo I Comneno,[3] que lle valeu o premio Bordin da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.[4]

Traxectoria profesional e erudita

editar

Logo do seu período formativo, trasladouse a Italia e ingresou na Escola Francesa de Roma.[2][4] Durante os seus anos alí realizou múltiples viaxes polo país, sinaladamente por Nápoles, Calabria, Apulia e Sicilia, na procura de documentos para as súas investigacións, que deron lugar ás primeiras publicacións en Mélanges de l'Ecole de Rome.[5]

De volta a París, publicou en 1903 e en 1907 senllos traballos acerca da numismática e a sociedade da época normanda en Sicilia, sobre a base da documentación que levara de Italia, o que o fixo merecedor do Premio Gobert, da Académie des inscriptions et belles-lettres, en 1909. Nos anos seguintes publicou diversos traballos sobre o Oriente latino, as Cruzadas e a historia medieval, sinaladamente dos normandos e dos bizantinos, varios dos cales ficaron inconclusos pola súa morte temperá.[3]

En 1912, Chalandon acompañou a Maurice Pernot nunha misión arqueolóxica que os levou durante seis meses a Constantinopla, Tracia, Exipto, Palestina, Siria, Alepo, Bagdad e Beirut.[6][7]

Ferdinand Chalandon finou en Lausana o 31 de outubro de 1921, aos 45 anos, vítima dunha doenza, contraída durante a primeira guerra mundial.[2][4]

Publicacións

editar

Escolma de monografías

editar
  1. Schipa, M. (1931).
  2. 1 2 3 Pernot, M. (1921). Páxina 333.
  3. 1 2 Pernot, M. (1921). Páxina 335.
  4. 1 2 3 Schlumberger, G. (1921). Páxina 446.
  5. Pernot, M. (1921). Páxina 334.
  6. Pernot, M. (1921). Páxina 336.
  7. Schlumberger, G. (1921). Páxina 447.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar