Estrona

composto químico

A estrona (E1) é unha hormona estroxénica segregada polo ovario e o tecido adiposo.[1][2][3] É un dos tres estróxenos naturais, xunto co estradiol e o estriol, e o único que ten un grupo cetona (=O) no anel D, en vez de grupos OH, pero ten un grupo OH no anel A. A estrona é a menos abundante das tres hormonas; o estradiol está presente case sempre no corpo da muller en idade reprodutiva, e o estriol é abondoso só durante o embarazo. A estrona é o estróxeno predominante nas mulleres posmenopáusicas.[4] A potencia estroxénica da estrona é 10-12 veces menor ca a do estradiol.

Estrona
C₁₈H₂₂O₂ Editar o valor en Wikidata
Estrutura química
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
carbono (C) Editar o valor en Wikidata
 Uso
 SMILES canónico
CC12CCC3C(C1CCC2=O)CCC4=C3C=CC(=C4)O Editar o valor en Wikidata
 SMILES isomérico
C[C@]12CC[C@H]3[C@@H](CCC4=CC(O)=CC=C34)[C@@H]1CCC2=O Editar o valor en Wikidata
Características
 Interacciona con
 Condición médica tratada
 Interacciona fisicamente con
Cifras e dimensións
 Masa
 270,162 Da Editar o valor en Wikidata
 Punto de fusión
 259 ℃ Editar o valor en Wikidata
 Dose diaria
 1 mg vía oral Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02dcg_ Editar o valor en Wikidata
MeSHD004970 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC484 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778656385 Editar o valor en Wikidata
CAS53-16-7 Editar o valor en Wikidata
ATCG03CC04 Editar o valor en Wikidata
PubChem5870 Editar o valor en Wikidata
ChemSpider5660 Editar o valor en Wikidata
UNII2DI9HA706A Editar o valor en Wikidata
ChEBI17263 Editar o valor en Wikidata
ChEMBLCHEMBL1405 Editar o valor en Wikidata
IUPHAR2818 Editar o valor en Wikidata
Beilstein1915077 Editar o valor en Wikidata
InChlModelo3D Editar o valor en Wikidata
KEGGD00067 Editar o valor en Wikidata
Gmelin542591 Editar o valor en Wikidata
CE200-164-5 Editar o valor en Wikidata
DrugbankDB00655 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A estrona transfórmase en sulfato de estrona, unha molécula que actúa como reservorio xa que pode converterse, se é preciso, nun estróxeno máis activo, o estradiol.

Biosíntese

editar

A estrona sintetízase pola acción do encima aromatase a partir da androstenediona, un derivado da proxesterona. A conversión implica a desmetilación do carbono-19 e a aromatización do anel A. Esta reacción é semellante á da conversión da testosterona en estradiol.

  1. "Estrone -PubChem". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 06-09-2009.
  2. ChemSpider Estrone Arquivado 04 de novembro de 2012 en Wayback Machine.
  3. CHEBI
  4. Helen Varney, Jan M. Kriebs, Carolyn L. Gegor. Varney's midwifery, Fourth Edition. Jones and Bartlett Publishers, 2004, p. 340.