Estimulantes
Un estimulante (do verbo latino stimulāre) ou psicoestimulante ou psicotónico é, en termos xerais, unha droga que aumenta os niveis de actividade motriz e cognitiva, reforza a vixilia, o estado de alerta e a atención e, frecuentemente, ten potencial euforizante.
Inicialmente, o ser humano descubriu os estimulantes na natureza, pois atopábanse (ó igual que agora) profusamente distribuídos en distintas especies vexetais. Dende entón, estes teñen coexistido co noso xénero, forxando hábitos e crenzas profundamente arraigados en todas as culturas.
A partir do século XIX, sumáronse a esta clase farmacolóxica as moléculas illadas do substrato vexetal (fundamentalmente alcaloides) e, máis tarde, aquelas que xurdiron como produto exclusivo de reaccións químicas ensaiadas polos seres humanos, é dicir, as variantes sintéticas.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |