Apeadoiro de Cesantes
Cesantes é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Cesantes, no concello de Redondela, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
| Apeadoiro de Cesantes | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Transporte | |||||||
|
Código de estación
| |||||||
|
Liñas ferroviarias
| |||||||
|
Número de plataformas
| |||||||
|
Número de beiras
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
Situación ferroviaria
editarAtópase no punto quilométrico 4,2 da liña férrea de ancho ibérico que une Redondela con Santiago de Compostela, a 27 metros de altitude, entre as estacións de Redondela-Picota e de Arcade.[1]
Historia
editarEn 1886 a Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo, xeralmente abreviada como MZOV, concluíu o trazado da liña férrea que unía Monforte de Lemos con Vigo e que se pretendía prolongar a Portugal.[2] Esta liña contou cunha ligazón desde Redondela que alcanzaba Pontevedra na que se situou a estación de Cesantes. En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[2] En 1941, Oeste integrouse como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios
editarMedia distancia
editarActualizado a 23 de xuño de 2016.
| Liña MD | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
|---|---|---|---|---|
| 1 | MD | A Coruña Pontevedra Santiago de Compostela |
Vigo-Guixar | |
Notas
editar- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- 1 2 Monforte a Vigo e Pontevedra (vía Ourense) Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apeadoiro de Cesantes |
- Información sobre saídas e chegadas na web de Adif Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.