Establishment
Establishment, tamén chamado grupo de poder,[1] poder establecido,[2] establecemento, clase dominante ou o sistema, é un grupo dominante visible ou elite que posúe o poder ou a autoridade nunha nación.[3] O termo refírese a un grupo social cerrado que selecciona aos seus propios membros (oposto á selección a través de herdanza, méritos ou eleccións) e pode ser usado para describir estruturas específicas de elite arraigadas nalgunhas institucións, pero a súa aplicación é polo xeral informal e, probablemente, máis utilizado polos medios de comunicación que polos académicos.
| Establishment | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Utilízase con maior frecuencia no Reino Unido, onde inclúe aos líderes políticos, aos altos funcionarios públicos, aos financeiros e aos industriais máis importantes, aos directivos dos grandes medios de comunicación (especificamente a BBC) e aos membros da corte. O uso do termo neste sentido foi acuñado polo xornalista británico Henry Fairlie, que en setembro de 1955, na revista londiniense The Spectator, definiu á rede de persoas prominentes e ben conectadas como The establishment, explicando:[4]
Por establishment, non só quero definir os centros oficiais de poder —aínda que certamente son parte diso—, senón a toda a matriz de relacións oficiais e sociais dentro da cal se exerce o poder. O exercicio do poder no Reino Unido (máis especificamente, en Inglaterra) non pode entenderse a menos que se recoñeza que este se exerce socialmente.[5]
A definición foi recollida rapidamente polos xornais e revistas londinienses virando famoso ao xornalista; porén, Fairlie non foi o primeiro en utilizar the establishment con este significado, Ralph Waldo Emerson fixérao un século antes.[6] O Oxford English Dictionary citou a columna de Fairlie como un referente.
Este uso da palabra foi influenciado probablemente polo termo británico igrexa establecida (Establishment Church), que se usa para as igrexas oficiais en Gran Bretaña. Moi pronto o vocábulo resultou pouco útil na discusión das elites do poder de moitos países, aínda que a palabra inglesa se utilice como préstamo en moitas linguas. Na xerga sociolóxica, aquilo que non pertence ao poder establecido denomínase foráneo (outsider).[7][8]
Uso estendido
editarO termo utilízase a miúdo polos disidentes para queixarse dun pequeno grupo que domina unha grande organización. Por exemplo, en 1968, os académicos radicais crearon o Movemento de Liberación da Socioloxía para repudiar a dirección excesivamente dominante da Asociación Sociolóxica Estadounidense, á que chamaban o «grupo de poder da socioloxía estadounidense».[9]
Tamén é usado no contexto da política honkonesa, na que os partidos políticos, os grupos comunitarios, as cámaras de comercio, os sindicatos e individuos que cooperan e son leais ao Partido Comunista da China e ao goberno de Hong Kong posterior a 1997, son catalogados (máis a miúdo autoetiquetados) como proelite. O termo xurdiu ao redor de 2005, para contrastar co termo "campo prodemocracia" e para substituír a outras etiquetas máis comúns e despectivas. Así mesmo, a etiqueta de oposición, outorgada ao campo prodemocracia, úsase con connotacións negativas no cantonés, falado pola maioría neste territorio, mentres que proelite é considerado xeralmente como positivo, xa que utiliza os caracteres chineses usados para as palabras "construtivo", "sistemático" e "ordenado".
Notas
editar- ↑ "establishment, alternativas" (en castelán). Consultado o 20 de xaneiro de 2017.
- ↑ Hildebrandt, Martha (2018-05-10). "Martha Hildebrandt: el significado de “*Establishment”". El Comercio (en castelán). ISSN 1605-3052. Consultado o 2023-07-02.
- ↑ "Stablishment o establishment". Wordreference.com. Consultado o 29 de maio de 2011.
- ↑ Fairlie, Henry. "Political Commentary". The Spectator.
- ↑ Fairlie, Henry, «Political Commentary», The Spectator (23 de setembro de 1955).
- ↑ Fairlie, Henry. "Evolution of a Term".
- ↑ Elias, Norbert (22 de novembro de 1994). The Established and the Outsiders: A Sociological Enquiry into Community Problems (en inglés). SAGE Publications Ltd. p. 252. ISBN 978-1848609686.
- ↑ Elias, Norbert. Scientific Establishments and Hierarchies (en inglés). Springer. p. 383. ISBN 9027713227.
- ↑ Barcan, Alan (1 de xuño de 1993). Sociological theory and educational reality. University of New South Wales Press. p. 150. ISBN 0868401250.