Enderezo IP
Un enderezo IP é un número único, tal como un número de teléfono, usado por máquinas (normalmente computadores) para se comunicaren entre si enviando información pola Internet ou por redes locais.
| Enderezo IP | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Converter estes números de forma que un humano comprenda mellor, a forma de enderezos de dominio, tal como www.wikipedia.org, é feito polo DNS. O proceso de conversión é coñecido como resolución de nomes de dominio.
Notación
editarOs enderezos IP, que identifican todos os hosts nunha rede, posibilitan o enderezo e entrega dos datos ao host (máquina) correcto. Os datos son movidos baixo a forma de datagramas. Cada datagrama entrégase ao enderezo indicado no campo "Destination Address", na cabeceira do datagrama.
O enderezo IP é un número de 32 bits en IPv4 e está asociado un único sistema ligado na rede. Para simplificar, estes números divídense en 4 octetos escritos en formato decimal (con punto):
- Exemplo: 213.141.23.22
O enderezo dunha rede (non confundir con enderezo IP) designa unha rede, e debe ser composto polo seu enderezo e respectiva máscara de rede (netmask).
Tipos de enderezos IP
editarExisten catro tipos de enderezos IP:
Enderezo de broadcast
editarOs enderezos broadcast permiten á aplicación enviar dados para todos os hosts dunha rede; tal clase enderezos é sempre o último posible na rede. Un caso especial é o enderezo 255.255.255.255 cuxo significado sería, caso fose permitido, o enderezamento de todos os hosts.
Clases de enderezos
editarOrixinalmente, o espazo do enderezo IP foi dividido en poucas estruturas de tamaño fixo chamados de "clases de enderezo". As tres principais son a clase A, clase B e clase C. Examinando os primeiros bits dun enderezo, o software do IP consegue determinar rapidamente cal é a clase, e logo, a estrutura do enderezo.
- Clase A: Primeiro bit é 0 (cero)
- Clase B: Primeiros dous bits son 10 (un, cero)
- Clase C: Primeiros tres bits son 110 (un, un, cero)
- Clase D: (enderezo multicast): Primeiros catro bits son: 1110 (un, un, un,cero)
- Clase E: (enderezo especial reservado): Primeiros catro bits son 1111 (un, un, un, un)
A seguinte táboa contén o intervalo das clases de enderezos IPs
| Clase | Gama de Enderezos | N.º Enderezos por Rede | ||
|---|---|---|---|---|
| A | 0.1.0.0 ata 126.0.0.0 | 16 777 216 | ||
| B | 128.0.0.0 ata 191.255.0.0 | 65 536 | ||
| C | 192.0.1.0 ata 223.255.255.0 | 65 536 | ||
| D | 224.0.0.0 ata 239.255.255.255 | multicast |
Clases especiais
editarExisten clases especiais en Internet que non son consideradas públicas, i.e., non son consideradas como enderezábeis.
Clase de loopback (lugar/local)
editarO enderezo de loopback local (127.0.0.0/8) permítelle á aplicación-cliente enderezar ao servidor na mesma máquina sen saber o enderezo do host, chamado de "enderezo local".
Na pilla do protocolo TCP/IP, a información flúe para a capa de rede, onde a capa do protocolo IP reencamiña de volta a través da pilla. Este procedemento esconde a distinción entre ligazón remota e local.