Un ducado é un país, territorio, feudo ou dominio gobernado por un duque ou duquesa, un rol xerarquicamente segundo ao de rei ou raíña na tradición da Europa Occidental. Os grandes ducados, como Luxemburgo, eran xeralmente independentes e soberanos, máis comúns no Sacro Imperio Romano Xermánico.

Ducado
 Instancia de
 Subclase de
Implicados
 Xefe de estado
Cargo: duque Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0h7c1 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777246119 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 116347
Wikidata C:Commons

Historia

editar

No Imperio Romano tardío, a palabra ducado designaba inicialmente unha circunscrición territorial sometida á xurisdición dun duque (dux), quen despois pasou a exercer só funcións militares. Coas invasións xermánicas, o termo adoptou novas características: no Reino Visigodo, o ducado coincidía coa extensión das antigas provincias romanas e quedaba baixo autoridade militar dun duque. A monarquía merovinxia consolidou os ducados como centros administrativos con funcións civís e militares, mentres que os longobardos os organizaron como entidades independentes. Os primeiros reis carolinxios trataron de reducir esta autonomía, mais a decadencia do Imperio Carolinxio permitiu que os ducados se consolidasen como unidades territoriais. En Alemaña, algúns destes ducados, como Saxonia, Baviera ou Suabia, chegaron a independizarse da autoridade imperial, para algúns ser elixidos posteriormente como emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico.[1]

Exemplos

editar

Grandes Ducados

editar

Ducados en Austria, Alemaña, Italia e os Países Baixos

editar

Ducados en Inglaterra

editar

Ducados en Francia

editar

Ducados en Polonia

editar

Ducados en España

editar

Outros ducados actuais ou históricos

editar
  1. "ducado". egu.xunta.gal. Consultado o 2025.