Derrick Alston
baloncestista estadounidense
Derrick Samuel Alston, nado o 20 de agosto de 1972 no Bronx, Nova York,, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense. Actualmente é o adestrador dos Westchester Knicks da NBA G League. Como xogador ocupaba a posición de ala-pivote cunha altura de 2,08 m. Foi o MVP da final da ACB co FC Barcelona Banca Catalana na temporada 1998−99, competición que xa gañara o ano anterior co TDK Manresa. O seu fillo, Derrick Alston Jr., é tamén xogador profesional de baloncesto.
Traxectoria
editarClubs
editar
Philadelphia 76ers (NBA, 1994–1996)
Atlanta Hawks (NBA, 1996)
Efes Pilsen (BSL, 1996−1997)
TDK Manresa (ACB, 1997–1998)
FC Barcelona Banca Catalana (ACB, 1998–2000)
Pamesa Valencia (ACB, 2000–2002)
Real Madrid (ACB, 2002–2003)
Plus Pujol Lleida (ACB, 2003–2005)
BCM Gravelines (LNB, 2005–2006)
Ural Great Perm (PBL, 2006)
Türk Telekom (TBL, 2006–2007)
New Zealand Breakers (NBL Australia, 2007−2008)
Libertad de Sunchales (LNB, 2008−2009)
Boca Juniors (LNB, 2009−2010)
La Unión de Formosa (LNB, 2010)
Boca Juniors (LNB, 2010−2011)
Palmarés
editar- Campión da Copa Korać (1): 1999
- Campión da Liga ACB (2): 1998, 1999
- MVP da Final da ACB (1): 1999
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en ACB
- Perfil en Basketball Reference Arquivado 18 de setembro de 2022 en Wayback Machine.