Delia Bacon
Delia Salter Bacon, nada en Tallmadge, Ohio, o 2 de febreiro de 1811 e finada o 2 de setembro de 1859, foi unha escritora de obras de teatro e contos norteamericana.
| Nome orixinal | Delia Salter Bacon |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 2 de febreiro de 1811 Ohio |
| Morte | 2 de setembro de 1859 Hartford |
| Lugar de sepultura | Grove Street Cemetery (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | escritora |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Pai | David Bacon |
| Irmáns | Leonard Bacon |
| Descrito pola fonte | The Nuttall Encyclopædia >>>:Bacon, Delia Library of the World's Best Literature American Women Writers |
Traxectoria
editarIrmá de Leonard Bacon, foi mestra en Connecticut, Nova Jersey e Nova York e a partir de 1852 comeza a dar clases, en varias cidades do leste, para mulleres sobre historia e literatura. Escribiu Tales of the Puritans (1831), The Bride of Fort Edward (1839) e The Philosophy of the Plays of Shakespeare Unfolded (1857), para escribir esta obra pasou catro anos de esstudo en Inglaterra, Bacon tentaba probar que as obras atribuídas a Shakespeare foran escritas por un grupo formado por Francis Bacon, Walter Raleigh e Edmund Spenser entre outros, co propósito de inculcar o sistema filosófico no pobo, a fixación de Delia Bacon con esta idea levouna á tolemia.