David Talmage
David Wilson Talmage, nado o 15 de setembro de 1919 e finado o 6 de marzo de 2014, foi un inmunólogo estadounidense.[1] Fixo importantes contribucións á teoría da selección clonal.[2]
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de setembro de 1919 |
| Morte | 6 de marzo de 2014 Cromwell |
| Educación | Universidade Washington en St. Louis Davidson College Washington University School of Medicine (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Medicina e inmunoloxía |
| Ocupación | immunólogo, médico |
| Empregador | Universidade de Chicago Universidade do Colorado em Denver (pt) |
| Membro de | |
| Premios | |
Carreira
editarTalmage naceu nunha familia de misioneiros presbiterianos americanos na Corea controlada polos xaponeses. Educárono en casa e na escola da misión ata que empezou a asistir a un internado de educación secundaria en Pyongyang.[3] Talmage obtivo unha licenciatura en ciencias (BS) no Davidson College en 1941 e o título de doutor en medicina (MD) na Universidade de Washington en St. Louis en 1944. De 1952 a 1959 foi profesor asociado de medicina na Universidade de Chicago. De 1959 foi profesor de Medicina no Centro de Ciencias da Saúde da Universidade de Colorado, profesor de microbioloxía de 1960 a 1986, e profesor distinguido desde 1986. Entre 1973 e 1983 foi director do Webb-Waring Lung Institute e decano asociado de investigación desde 1983 a 1986.[4] Recibiu o Premio aos Logros dunha Vida da Asociación de Inmunólogos Americana inaugural en 1994.[5]
O pupilo de Talmage Andor Szentivanyi descubriu a teoría beta adrenerxica da asma.[6]
Morreu aos 94 anos o 6 de marzo de 2014.[7]
Notas
editar- ↑ "U.S. Public Records Index, Volume 2". Ancestry.com. Consultado o 21 de agosto de 2013.
- ↑ "History of the Integrated Department of Immunology". University of Colorado Health Sciences Center. Arquivado dende o orixinal o 2010-05-27. Consultado o 2009-09-22.
- ↑ "David W. Talmage, M.D. (AAI '54) 1919–2014". Journal of Immunology 193 (5): 2037–2038. 1 de setembro de 2014. PMID 25128545. doi:10.4049/jimmunol.1490030.
- ↑ Talmage, David (1979). "The Webb-Waring Lung Institute – Plans for the future". Rocky Mountain Medical Journal 77 (3): 126. PMID 462075. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2011. Consultado o 22 de setembro der 2009.
- ↑ "Past Recipients". The American Association of Immunologists. Consultado o 19 de setembro de 2018.
- ↑ "Refugee Doctors Build Relationships". The Evening Independent. 30 de xullo de 1984. Consultado o 2009-09-22.
- ↑ "David Wilson Talmage, MD". Monarch society. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2014. Consultado o 2 de abril de 2014.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cruse, J. M.; Lewis, R. E. (1 de agosto de 1994). "David W. Talmage and the advent of the cell selection theory of antibody synthesis." (PDF). Journal of Immunology 153 (3): 919–29. PMID 8027564. doi:10.4049/jimmunol.153.3.919.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. |