David Crystal
David Crystal, nado en Lisburn (Irlanda do Norte) o 6 de xullo do 1941, é un lingüista irlandés.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de xullo de 1941 Lisburn |
| Educación | University College de Londres St Mary's College (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Lingua inglesa |
| Ocupación | lingüista, escritor, sociolingüista |
| Empregador | Universidade de Bangor |
| Membro de | |
| Premios | |
| |
| Sitio web | davidcrystal.com |
Traxectoria
editarPasou parte da súa infancia en Holyhead (Gales) antes de estudar en Liverpool a secundaria. Realizou os estudos superiores na University College de Londres (UCL), especializándose en lingua inglesa. Foi profesor de Lingüística na Universidade de Reading, responsable de The Cambridge Encyclopedia of Language (1987) e escritor, autor de Language Play (1998), obra na cal investiga sobre o xogo lingüístico, A morte das linguas (2000), onde aborda a desaparición xeneralizada de linguas en tempos recentes e ofrece argumentos a prol dunha ecoloxía lingüística, ou Language and the Internet (2001), entre moitos outros. Desenvolve o seu labor sobre todo na tipoloxía lingüística, pero tamén ten un traballo moi logrado en psicolingüística: Pathologies of the language (1998).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Crystal, D. (2003). A morte das linguas. Tradución de Mariña Castro Eiroa, Editorial Galaxia.