DNCE é un grupo estadounidense de pop rock formado no 2015. Está formado por Joe Jonas, Jack Lawless, Cole Whittle e JinJoo Lee. O grupo asinou con Republic Records, que lanzou o seu primeiro sinxelo, "Cake by the Ocean", no 2015. A canción tivo éxito en varios lugares, acadando o número 9 na lista da éxitos de Billboard.[1] O seu primeiro EP, SWAAY (2015), recibiu unha boa acollida no seu lanzamento.